ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

ESÍXENLLE A FEIJÓO QUE CUMPRA CO ESTATUTO E A LEI DE NORMALIZACIÓN
A base social en defensa do "consenso" en torno ao idioma e a política lingüística de Alberto Núñez Feijóo volve estar na boca da xente. Despois de que máis de 50.000 persoas saísen ás rúas en defensa da Lei de Normalización Lingüística e da presenza do galego nas aulas, o colectivo "Galego, Patrimonio da Humanidade", apostou onte por mostrar o músculo do tecido social "preocupado polos ataques" contra a lingua propia de Galicia.
Baixo o lema "Lingua de Liberdade", o colectivo xuntou unha ampla representación do mundo sindical, social, cultural e político e o rexeitamento a "atacar" a lingua "por un puñado de votos", foi unha das reclamacións máis repetidas dende o escenario. Un dos asistentes, o filósofo Antón Baamonde, comentou nesta cita que "só lamentamos que non haxa ninguén do PP, porque o galego é de todos".
O presidente da Xunta foi o destinatario das mensaxes da maioría dos intervintes xa que a cidadanía rexeita a utilización do galego como mercadoría electoral ou para facer méritos alén do territorio de Galicia.
"O problema político- explicou o profesor Fermín Bouza- vai ter solución, Feijóo vai vir ao consenso, porque se está decatando de que a súa política lingüística lle vai custar votos e moitos problemas. Non mandamos pero levamos a iniciativa social, xa que os asustados pola actitude de Feijóo están a dar pasos de xigante".
Faise unha chamada á sociedade para impedir pasos atrás ante a presión de minorías montadas na crispación. Este é o principal desafío dos vindeiros meses na derrogación do decreto de uso da lingua no ensino, rachando un consenso que se remonta ao mandato de Manuel Fraga e que conclúe en cumprir o Estatuto de Autonomía e a Lei do Plan Xeral de Normalización.

Tania Rodríguez Sobradelo 2º Bach. C
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 19-11-2009 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego