ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Científicos galegos que traballan en Europa defenden o galego
Nove expertos que traballan vencellados ao famoso Centro Europeo de Investigación Nuclear (CERN)e que son galegos responden ás polémicas palabras da Congapa en contra do ensino en galego de Química ou Física, quen declarou que “utilicemos o sentido común. Químicas o Físicas, con tantas nomenclaturas internacionais, non se poden dar en galego”.

Vaites, vaites...

Menos mal que saíron á palestra nove científicos galegos que non uns calquera, senón que son un grupo que traballan en proxectos internacionais do Centro Europeo de Investigación Nuclear (CERN), incluído o famoso acelerador de partículas, dá un paso ao fronte en defensa do galego.
Elaboraron un manifesto, remitido a Vieiros, no que critican as polémicas declaracións do voceiro Confederación das Asociacións de Pais de Alumnos de Colexios Concertados (Congapa).

Segundo se pode ler no manifesto os científicos respóndenlle que “declaracións deste tipo resultan totalmente inadmisíbeis”. Argumentan que “no noso ámbito de traballo estamos acostumados a ter conversas de alto nivel científico de temas moi diversos en galego. Nun contorno no que temos a sorte de traballar con algúns dos mellores físicos e enxeñeiros do mundo, o galego está, modestamente a través de nós, presente como vehículo de comunicación científica”. Eles demostran que o galego non é unha lingua inválida para a investigación máis avanzada e demandan que se debata sobre a lingua no ensino “ dende máis absoluta rigorosidade, a mesma pola que nós estamos rexidos nas nosas actividades científicas”.
No devandito manifesto, asinado o pasado día 26 na sede do CERN en Xenebra, pode lerse tamén que “O noso obxectivo con esta carta é simplemente evitar que se empreguen argumentos falsos (ou falseados) na discusión dun tema tan delicado e importante coma este. E tamén reivindicar o galego como lingua que nos identifica sen excluírnos estando como estamos lonxe da casa”.

Manifesto dos científicos publicado en Vieiros
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 29-05-2009 16:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego