ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

O culebrón da política lingüística
Non damos feito a ler noticias sobre a política lingüística que se vai aplicar (non sabemos aínda como) nesta comunidade.
Na prensa de onte houbo novas lingüísticas moi interesantes.
Unha en La Voz de Galicia onde se dicía que a directiva da Confederación Galega de APA de colexios públicos (Confapa) mantivo a súa primeira reunión co conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, para falaren sobre o famoso decreto do galego. Virgilio Gantes, presidente desta entidade, sinalou que o responsable educativo asegurou que «non vai haber segregación» dos estudantes por aula en función da lingua elixida. Tamén mencionou a famosa enquisa para os pais que todo o que dixo é que será ampla.


Por outro lado, o responsable da Política Lingüística, Anxo Lorenzo, intercambiou cos representantes da CTNL as primeiras impresións sobre a situación actual dos servizos lingüísticos en Galicia. Anxo Lorenzo trasladoulles a súa intención de apostar nesta lexislatura pola creación dunha rede que permita sumar esforzos e poñer en conexión as diversas iniciativas que se están a levar a cabo de xeito illado nos diferentes ámbitos sociais. Esta é unha reivindicación dos servizos lingüísticos desde hai anos.

Daniel Díaz (2º Bach. C)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 29-05-2009 10:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego