ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Novas na política lingüística da Xunta
1) O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recoñece que a maior parte do seu grupo parlamentario ten dificultade para expresarse en galego e dálle a posibilidade de facelo en castelán.Feijóo non quere que ningún dos seus 37 deputados se cambie ao galego por medo ó qué dirán os dous partidos da oposición.

2) O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ten pensado derrogar o anterior Decreto de Política lingüística e poñer nas mans do novo secretario xeral de Política Lingüística a creación dun novo. No que se refire á data de aprobación do novo decreto o presidente asegura que estará listo na primeira parte da lexislatura.

Pero parece que estas decisións non son ben vistas por ninguén: nin pola asociación Galicia Bilingüe, os cales se senten defraudados polo presidente, nin polos sindicatos, ANPAS dos centros públicos nin pola Coordinadora Galega de ENDL. Os primeiros consideran que Feijóo non está atendendo como é debido os seus compromisos e insisten en reclamar unha política sen imposicións no que respecta á lingua. Os outros non lle ven sentido a esa teima con derogar un decreto que se estaba aínda poñendo en funcionamento e que non impón nada, só busca alumnado competente nas dúas linguas.


Cris Saborido 2º Bach. C
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 26-05-2009 13:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego