ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

San Sebastián aposta pola riqueza lingüistica para ser capital europea da cultura no 2016
Ademais de Madrid en 1992, Santiago de Compostela en 2000 e Salamanca en 2002 , San sebastián quere ser a Capital Europea da Cultura en 2016 e a súa principal baza será a sua riqueza lingüística .
Esta iniciativa pretende representar a todo o territorio vasco, que abrangue dende Baiona ata Bilbao, e no que conviven euskera, castelán e francés.

San Sebastián está tomando exemplo doutras candidaturas anteriores que xa gañaron este premio que son Luxemburgo e Rumanía, que tamén gozan dunha gran variedade lingüistica, falándose en Luxemburgo o luxemburgués, o francés e o alemán e en Rumanía o rumano, húngaro e alemán.

Ademais en San sebastián atopámonos co Guggenheim, os museos de Baiona , o centro Tabakalera e o Artium de Vitoria que serán algún dos puntos de referenza na oferta cultural como sinalou Elorza.

A imaxinación e a creatividade serán tamén os puntos fortes dunha proposta que xirará en torno á cultura da paz e a educación en valores, o acercamento da cidadanía ás institucións europeas ou a inmigración.

Ademais de San Sebastián Murcia, Tenerife, Valencia, Segovia, Santander, Burgos, Cáceres, Asturias, Alcalá de Henares e Córdoba son outras das cidades que optan a alzarse con este título, das se elexirán ás localidades españolas que finalmente competirán por sela capital europea da cultura en 2016, compartindo este galardon con outra cidade polaca.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 26-05-2009 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego