ENDL do IES Félix Muriel |
|
Equipo de Normalización da Lingua Galega |
|

|
Perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
COORDINADORA DE EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA |
|
O sábado 28 de marzo, tal e como xa anunciamos neste espazo hai un par de semanas, tivo lugar no Instituto Galego de Información (Santiago de Compostela) unha xuntanza de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística á que se adheriron uns 120 equipos. Nesa convocatoria, acordouse o seguinte:
1. Convídase a todos os Equipos de Normalización a apoiar o texto, que se pode ler na seguinte noticia, e que foi resultado do debate e as modificacións que se fixeron ao borrador inicial que levaron á xuntanza o grupo de docentes que fixo a convocatoria. Hai dúas maneiras de achegar o apoio dos equipos:
a. Enviando un fax ao número 981800064, no que se identifique o centro educativo e o concello no que está situado, así como o nome e apelidos do coordinador ou coordinadora xunto co seu número de DNI e o seu correo de contacto para facilitar a comunicación directa cos equipos no futuro.
b. b>A través da páxina web http://www.coordinadoraendl.org/, habilitada expresamente para este fin, que reproduce o texto e solicita os datos identificativos do ENDL e o/a coordinador/a.
2. Así mesmo, o sábado 18 de abril ás 10:45 quedamos convocados á entrada da Estación de Autobuses de Santiago de Compostela para ás 11:00 darlle entrada no Rexistro da Xunta a este documento avalado polos ENDL. Esta é unha primeira entrega de sinaturas. Posteriormente, faranse novas entregas de sinaturas a medida que se vaia desenvolvendo a campaña de recollida de adhesións dos equipos. É importante que se achegue o maior número de persoas a este primeiro acto público.
3. Posteriormente, ás 11:30 dará comezo a asemblea constitutiva da Coordinadora Galega de ENDL no MUPEGA, Museo Pedagóxico de Galicia (San Lázaro, Santiago de Compostela). Se hai algún cambio de localización do encontro, será comunicado.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|