ENDL do IES Félix Muriel |
|
Equipo de Normalización da Lingua Galega |
|

|
Perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Aprender literatura na rede: A poesía de posguerra |
|
Queremos darvos unha noticia que será de interese sobre todo ós e ás que estades en 4º ESO e 2º de Bacharelato, en cuxos programas de literatura toca que estudar a Literatura galega de posguerra.
Podedes repasar, ampliar, contrastar... o que din as/os profesoras/es na clase e o que di o libro de texto con materiais que hai na rede sobre o tema.
No blog Caderno de lingua, da aula de lingua e literatura galega de Román Landín podemos ver unha presentación sobre este tema, onde se fai un percorrido pola situación da cultura galega desde o 1936 ata finais do século XX e onde explica as características da poesía desta época.
O enlace é o seguinte
http://cadernodelingua.wordpress.com/2008/05/29/a-cultura-e-a-lingua-galega-baixo-a-ditadura-poesia-galega-de-posguerra-celso-emilio-ferreiro/
Pero tamén existen páxinas interesantes que tratan autores concretos pertencentes a este tema, por exemplo: unha unidade didáctica sobre Celso Emilio Ferreiro, feita polo profesor e escritor Ramón Nicolás. Atópase na web da Asociación de escritores en lingua galega, no seguinte enlace:
http://www.aelg.org/DidacticSpace/GetDidacticWorkById.do?id=didactic22
Nesta mesma web hai outra unidade didáctica sobre o poemario Nimbos de Diaz Castro, elaborada por Armando Requeixo: http://www.aelg.org/DidacticSpace/GetDidacticWorkById.do?id=didactic29
Máis poemas deste autor podémolos atopar en:
http://www.iesguitiriz.org/dep_galego/recuncho%20literario/diazcastro.php#comaunhaespada
Se non queredes copiar tódolos enlaces, quedádevos co da páxina da profesora Rosa Salgueiro, que xa citamos noutras ocasións (http://www.rosasalgueiro.com/litera2.htm), desde onde podemos chegar a todas estas páxinas arriba citadas e a moitas máis! |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|