ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Xoguetes bilingües, máis onde?
Unha vez máis observamos as diferenzas existentes no referente ás actitudes lingüísticas en distintas comunidades do estado.

Neste caso a noticia chéganos a través da prensa e ten coma protagonista a unha cooperativa xogueteira catalá, Jac (Joguiners Agrupats de Catalunya). Esta empresa ten unha liña propia de xoguetes presentados cos textos explicativos e de reclamo escritos no idioma catalán e español. O tema do bilingüismo en Cataluña parece máis que superado e a saída desta liña de xoguetes non produciu ningún tipo de alarma social. Os seus directivos expresan que, lonxe de facer política, coidan e personalizan os seus produtos de cara ao seu mercado, aos nenos, aos seus pais ou verdadeiros compradores.

Frente a esta situación normalizada da lingua catalá, en Galiza seguen xerándose desencontros e críticas respecto á implantación e uso normalizado do galego.

Animamos desde aquí a todas as empresas a incorporar o uso do galego nos seus produtos.


e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 18-12-2008 23:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego