ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Vantaxes do plurilingüismo
Hoxe xoves día 18 de decembro ás 19,30 da tarde terá lugar no salón de actos do noso IES unha actividade destinada ás familias do alumnado rianxeiro.
Trátase dunha charla sobre as vantaxes do plurilingüismo e da aprendizaxe de varias linguas no alumnado que será impartida pola profesora Beatriz García Turnes (Asesora de Contidos Educativos da Consellaría de Educación Universitaria da Xunta de Galicia) quen disertará, entre outras cuestións, sobre as bases científicas arredor da aprendizaxe de linguas en contextos bilingües.

O acto, que vén sendo continuación da campaña destinada ás familias que o ENDL (Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística) do citado centro comezou o curso pasado, conta coa colaboración da ANPA Virxe de Guadalupe, así coma de tódolos ENDL do resto dos centros de ensino infantil e primario do concello, polo que están convidados pais, nais e titores/as legais, non só do alumnado do IES, senón tamén dos alumnos e alumnas de tódolos demais centros.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 18-12-2008 17:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego