ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Entrevistaron á Secretaria Xeral de Política Lingüística
Lendo a prensa este domingo pasado (14 de decembro) atopamos unha noticia baseada nunha entrevista que se lle fixo á Secretaria Xeral de Política Lingüística, Marisol López.
Ademais de mostrarse optimista co futuro do galego, queremos destacar as súas opinións a respecto de cuestións que nos interesan directamente: o Decreto 124/2007 sobre o galego no ensino e o papel do profesorado en todo o proceso de aplicación.
A secretaria xeral considerou que o decreto do galego, como calquera outra normativa sobre o uso desta lingua, "non é unha imposición, senón unha norma" como moitas outras que existen na sociedade, e máis se o obxectivo é lograr "unha sociedade integrada, solidaria e de nenos e nenas que coñezan as dúas linguas oficiais e moitas máis".

Neste sentido, indicou que os profesores "son pezas fundamentais na aprendizaxe e na transmisión do respecto" polas linguas e mostrouse convencida de que "como profesionais responsables que son, cumpren as normas que se ditan desde un Goberno democrático que pretende lograr unha educación de excelencia". "Se todo fose perfecto, eu non estaría aquí, pero as cousas cambiaron", afirmou, referíndose a que falar galego hoxe en día "xa non é un estigma de infravaloración".


Podedes ler a noticia enteira na versión dixital de Galicia Hoxe:
http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=86&idEdicion=1097&idNoticia=375561
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 18-12-2008 12:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego