ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Outro mundo
Neste primeiro ano no instituto estou coñecendo moita xente, e tamén paso máis tempo coa que xa coñecía. De momento estame gustando este lugar. As materias son cada vez máis complicadas e hai que estudar máis ca nunca. Como é o primeiro curso, moitos dos profesores aínda non apredenderon os nosos nomes. Creo que os profesores que mellor me caen son Forjan, Xabier e Enrique, os de Sociais, Lengua e Naturais.

Outra novidade é o servizo de cafetería. Nos colexios nos que estiven ata o de agora non había este espazo. Aquí, pola contra, se olvidaches o almorzo na casa, sempre podes recorrer á cafetería, pero vai moita xente, e por esa causa hai que esperar un pouco na cola.

Algo que me gustou moito tamén foi que se separase a asignatura de Coñecemento do Medio en Ciencias Naturais e Ciencias Sociais, porque nos permite separar contidos que non teñen nada que ver entre si.

Non sei o que me vai esperar nestes seis anos que vou estar aquí, pero agardo que sexa algo bo e que teña éxito.

Daniel Fernández Romero. 1º B
e ti que opinas? (1) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 12-12-2008 12:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Hai que admitir, qu#blgtk08#e o rapaz promete!
Comentario por (13-12-2008 15:43)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego