ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

COUSAS QUE PASAN NOUTROS CENTROS



Arte no instituto.
Esta semana imos falar do IES Adormideras, de A Coruña, onde os alumnos e alumnas que cursan o Bacherelato Artístico, tanto de 1º como de 2º prestaron a súa axuda e colaboración durante este trimestre dándolle un cambio de imaxe ao seu centro de ensino e levando a cabo a tarefa de trasladar cadros de autores vangardistas como Matisse, Picasso, Miró..., interpretados polos alumnos mesmos ás portas do centro.
Unha das participantes no proxecto, Yaiza Lancina Rodríguez de 1º bacherelato,conta nun artigo redactado por ela mesma os pasos que seguiron e o resultado:
"Primeiro fixemos bosquexos dos cadros para despois elixir os motivos que, sempre asesorados polo profesorado, serían representados nas portas. Unha vez escollido o cadro, o paso seguinte foi poñer mans á obra cos pinceis, brocha, pintura... Sacamos as portas para pintar os marcos e debuxar con proxector sobre as mesmas os cadros elixidos, só quedaba o máis difícil... darlle cor.
"Moitas 'chapuzas' foron as que fixeron, xa que levar un control en equipo non é doado e menos cando son tantas persoas, pero co esforzo dos máis motivados, que moitas veces prestaron a súa axuda nas horas de recreo, o resultado final foi, ó meu parecer, excepcional, de feito causaron a excepción dos demais alumnos e dos profes xa que non pasan desapercibidas.
"Hai que recoñecer que dan un toque de alegría ó instituto. Cando chegas cedo polas mañás e ves as portas mesmo parece que che inspiran para traballar.
"Non foi un traballo doado polo que non está demais loar a estes compañeiros e profesores que se molestaron en traballar para darlle vida ó lugar onde pasamos moitas horas do día convivindo uns con outros.
"MURAL: Xa está rematado o mural do instituto. Podédelo contemplar na zona do patio. Foi realizado por Christian Diamante, ex-alumno do Centro e actualmente estudante de Belas Artes na Universidad de Pontevedra. Como se pode observar, é un mural reamente integrado no contexto, con tódolos elemntos significativos do barrio e do centro de estudos. Destaca a luminosidade das diferentes cores amarelas e as distintas tonalidades de azul. [...].
"QUERES SABER ONDE ESTÁS?: Pictogramas descritivos dos espacios e dependencias da planta baixa do centro así como rotulación das mesmas. O profesor do departamento de Artes Plásticas Juan López de Heredia coordina este traballo co alumnado de deseño de 2º de Bacherelato Artístico. O traballo trata de identificar con elementos iconográficos e textos as zonas do instituto para identificalas coa linguaxe gráfica".
Tamén contamos con comentarios doutra compañeira do IES Adormideras, Sonia Prego Rodríguez de 2º de Bacherelato:
"A DECORACIÓN DAS PORTAS: A idea de decorar as portas do Instituto fixo que moitos alumnos se puxesen mans á obra para propoñer ideas. Os profesores Laura, Indalecio, Mª Luísa e Ana Pita foron os encargados de escollelos e guiar os grupos de traballo correspondentes a cada porta. No noso caso propuxen facer unha interpretación do cadro de De Chirico "Héctor e Andrómeda". Cando a miña idea foi elixida comezamos co traballo de lixar e logo pasamos a pintar o marco e o máis importante, a porta. Nela traballamos Iciar Barcia, Alba García, Fran García e eu.
"O resultado final gustóunos moito, foron moitas horas de traballo pero o remate foi moi gratificante. Agora sentímonos satisfeitos de poder contribuír á decoración do Centro. Importante é darlle as grazas a Mª Luísa que nos dirixiu e axudou a que o resultado fose o que todos podedes ver".
Dende logo, esta iniciativa mellorou a estética do Centro, quedou moito máis bonito e, por que non?, inspira aos alumnos a traballar e facer as clases un pouco máis relaxantes.
Aínda que no noso Centro non temos Bacherelato de Artes, contamos con moitos alumnos ós que non se lle dá mal pintar e podiamos convertir o noso frío e gris instituto nun edifico cheo de murais con mensaxes de cores refrescantes e vivas. Que vos parece se facemos todo o posible para conseguilo?

Esther Domínguez Alcalde
1º BACH C
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 19-11-2008 11:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego