ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

A maioría dos centros educativo de Vigo non cumpren a lexislación
Un estudo realizado en Vigo fainos saber que soamente o 25% dos centros educativos da cidade cumpren o decreto do galego, norma que obriga ós colexios e institutos a impartir polo menos a metade das materias en galego.
O servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo realizou un primeiro estudo aproximativo entre marzo e xullo deste ano e resultou que tres de cada catro centros vigueses non cumpren a lei aprobada no Parlamento Galego. Moitos docentes afirman que non saben de que trata esta lei, outros moitos pensan que se suprimiu. Tamén teñen que impartir clases orais pero aseguran que non se senten seguros falando en galego.
O servizo de Normalización ofrece charlas sobre isto ós pais de Ourense e Pontevedra, e tamén se atoparon coa sorpresa de que moitos deles tampouco sabían nada do asunto, por iso o departamento di que fai falla moita información.
Cando se aprobou o decreto, Educación comprometeuse a facer un informe para avaliar o seguimento deste, pero aínda non hai datos oficiais. De feito, unha portavoz oficial asegurou que aínda estaban traballando neste proceso.

Isabel Otero (2º Bach. B)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 07-11-2008 09:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego