ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Cachelada de xoubas en escabeche
Ingredientes (4 persoas)
- 12 xoubas
- 300g de patacas
- 2 dentes de allo
- pirixel
- pementón
- fariña de trigo
- aceite de oliva
- vinagre
- sal

Preparación :
Límpanse as xoubas e quítanselle as cabezas.
Unha vez limpas bótanse en fariña e frítense na tixola con aceite de oliva. Resérvase nun prato un papel absorbente para eliminar o exceso de aceite. Lávanse as patacas coa pel e córtanse en toros, cocéndose nunha ola con auga e sal. Cando estean listas retíranse e escórrense e colócanse nunha bandexa. Enriba póñense as xoubas e cóbrense cun pouco de pementón. No mesmo aceite de fritir as xoubas sofrítense os allos en láminas xunto co loureiro, un pouco de pirixel picado e unhas gotas de vinagre.
Póñense uns poucos minutos ao lume e logo vértese este sofrito por riba das xoubas e finalmente sérvese a cachelada ben quente.


Patricia Díaz Castro 3ºA
e ti que opinas? (1) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 04-11-2008 10:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 E que boa pinta ten!! Hai qu#blgtk08#e probar a facelas!
Comentario por Claudia (05-11-2008 20:59)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego