ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Cineuropa crea a sección Panorama Galiza na que exhibirá filmes Galegos.
O Festival de Cine de Santiago de Compostela bota a andar o vindeiro luns coa proxección da producción galega A noite que deixou de chover, que contará coa presenza de Luís Tosar. Un feito que indica unha das principais novidades de Cineuropa para este ano, a creación da sección Panorama Galiza para dar cabida ás producións feitas no país(Galiza). Flores Tristes (Manuel Abad, 2008) Manuel e Elisa , (Manuel Fernández Valdés, 2007), o documental Eloxio da distancia (Felipe Vega, 2008) e a longametraxe Cartas Italianas (Mario Iglesias, 2007) son os títulos que compoñen esta nova sección.

Ademais, Cineuropa incorpora nesta edición unha novidade, que é convidar os de varios filmes para que conversen co público despois do visionado das películas. Alén das figuras premiadas cos Premios Cineuropa estarán os portugueses Tiago Guedes e Federico Serra (autores de Entre os dedos), con Helena Taberna (La buena nueva), Juan Vicente Córdoba (autor do traballo sobre o Pozo do Tío Raimundo Flores de luna), Rogelio G. Abraldes (Buzos haciendo Surf, Un documental sobre Surfing Bichos), Oriol Porta (Hollywood contra Franco) ou o chileno José Luis Torres Leiva (El cielo, la tierra, la lluvia).

Ángel Rodríguez (2º Bach. C)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 02-11-2008 21:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego