A páxina oficial do navegador Firefox incluirá o 25 de xullo a versión 3.0 en galego, polo que se atopará entre as máis de corenta traducións en linguas como o bengalí ou mesmo o tailandés.
Ata agora só era posíbel galeguizar o navegador instalándolle un engadido; polo que a partir de agora poderemos navegar tranquilamente na nosa lingua se así o desexamos.
Xuntamos a páxina por se desexades descargalo.