O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

I Campionato Escolar de Trivial

I CAMPIONATO ESCOLAR DE TRIVIAL.Gz



A posibilidade de aprender xogando é unha forma de achegármonos á nosa literatura, á nosa historia, á nosa xeografía. Con este obxectivo a AS-PG convoca o I Campionato Escolar de Trivial.Gz que se rexerá polas seguintes bases


Participantes.

Poderán participar todos os alumnos e alumnas matriculados en calquera Centro Escolar de Galicia no Ensino Secundario Obrigatorio (ESO). Para se inscribir, debe cubrir o datos que se recollen na ficha. Para calquera dúbida relacionada con este tema pode contactar a través do correo trivial.gz@as-pg.com


O Campionato rexerase polas normas do Trivial.Gz

O gañador ou gañadora será a persoa que, finalizado o campionato, figure no posto número 1 e con máis puntos na clasificación. Para os premios 2º, 3º e 4º seguirase o mesmo criterio. No caso de se producir un empate a puntos desempatará o criterio de partidas gañadas e se aínda persistir utilizarase o criterio de preguntas acertadas.


O Campionato desenvolverase entre o 15 e o 22 de maio de 2008

As datas de inscrición serán entre o 7 e o 14 de maio de 2008

O nivel de dificultade será de 1 (fácil) e xogarase con 6 temas.

Non se permitirá xogar máis de 10 partidas diarias.


Premios.

Estableceranse 4 premios aos catro primeiros clasificados.


Un 1º premio de 90 €

Un 2º premio de 60 €

Un 3º premio de 30 €

Un 4º premio de 20 €

Para recoller o premio será necesario identificarse mediante DNI.

A AS-PG contactará mediante correo electrónico cos gañadores ou gañadoras. A este fin, na ficha de inscrición, debe indicarse un correo electrónico válido.

Calquera cuestión non expresa nestas bases será aclarada e interpretada pola AS-PG




Pode ser divertido, non che parece!? E tamén é unha boa forma de repasar os teus coñecementos de cara aos exames de xuño... Veña non sexas tímido/a e participa, seguro que pase o que pase, gozarás demostrando o que sabes e aprendendo o que non sabes ou se che esqueceu!!!

Ficha de inscrición ao campionato
Trivial.GZ
e ti que opinas? (2) - Categoría: Curso 2007/08 - Publicado o 07-05-2008 09:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 bue podian ser mais xenerosos cos premios....
#blgtk08#r /> a xente q participe
SORTEEEEE!!!
Comentario por (29-05-2008 23:07)
2 Téñolle manía o trivial, sempre ke xogo perdo XD
#blgtk08#/> jajaja
E os premios tiñan ke ser mellores
Comentario por 666 (29-06-2008 14:11)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego