O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Biblioteca Virtual Galega




Se vos gustan os libros, invítovos a coñecer este sitio. Entrade e satisfacede a vosa curiosidade.

Os seus propios creadores nos explican a finalidade deste proxecto:

A Biblioteca Virtual Galega foi un fermoso soño acariñado por nós durante moito tempo, e este soño comezou a tomar corpo cando conseguimos o apoio do Vicerrectorado de Innovación Tecnolóxica da Universidade da Coruña. Primeiro proxectamos unha pequena xanela coa que poderiamos mostrar ao mundo un retallo da nosa produción literaria, e con esa intención comezamos a traballar.

Mais as nosas intencións ficaron cativas ante o entusiasmo e a xenerosidade con que fomos recibidos polos escritores e escritoras. Cumpría reconsiderarmos o proxecto inicial e transformarmos a nosa modesta fiestra nun enorme peirao que permitise á dorna da nosa literatura navegar por mares virtuais. E aquí estamos.

Porén, somos conscientes de que para que a nosa dorna chegue a bo porto, non podemos navegar sós. A nosa historia demostrou moitas veces que unicamente sumando esforzos se logrou alancar na normalización da cultura galega. Aprendemos a lección, e por iso agardamos contar coa vosa colaboración.


Tanto ten que sexas escritor ou non, que sexas muller ou home, que sexas novo/a ou vello/a... Tampouco nos importa que non sexas unha persoa, que sexas unha Institución. ¡Benvindos sexades! O único importante é que teñamos os mesmos obxectivos:

Difundirmos a Literatura Galega.
Ofrecermos a escritores e escritoras unha nova canle de publicación.
Facilitarmos a comunicación entre o público lector e os escritores e escritoras.
Posibilitarmos que novos valores se dean a coñecer a través da Biblioteca Virtual Galega.
Apoiarmos calquera forma de manifestación artística galega.
Contribuírmos á normalización da nosa lingua e da nosa cultura.


e ti que opinas? (2) - Categoría: Curso 2007/08 - Publicado o 15-04-2008 15:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 qe xoradaa...................jajajajajaja

#blgtk08#
eñaa!!



anonimatO
Comentario por (19-06-2008 12:29)
2 mola moit#blgtk08#o
Comentario por marta (26-10-2012 11:56)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego