
LINGUA DE AMOR: Concurso de declaracións de amor a través do correo electrónico
O Consello da Xuventude de Galicia (CXG), a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, puxo en marcha a IIª edición de Lingua de Amor, o concurso de declaracións de amor a través do correo electrónico.
Para participar no consurso só hai que rexistrarse na páxina www.linguadeamor.eu (tamén podes entrar premendo na ligazón que aparece ao pé deste artigo)e enviar unha declaración de amor en galego (máximo 350 caracteres).
A data límite para o envío das declaración é o 14 de maio de 2008, así que aínda tes tempo de darlle forma.
En canto aos premios, que é o que máis te estimula, na túa categoría, que é a A, hai tres.
1º Consola Nintendo wii + un lote de libros en galego
2º DVD protátil + un lote de libros en galego
3º MP3 + un lote de libros en galego
Ademais os 200 primeiros/as participantes recibirán un agasallo por cortesía da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Non está mal!!!
Xa sabes, se che gusta escribir -ou non-, esta é a túa ocasión para redactar esa carta de amor que tantas veces repasaches na túa cabeza ou que tantas outras quixeches recibir.
Anímate e participa!!! |