ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Soledad Felloza no noso IES
Na mañá deste venres 24 de novembro celebraranse dúas contadas da actriz, escritora e fotógrafa uruguaia, Soledad Felloza , unha para 1º da ESO (11,20) e outra para alumnado de 4º ESO (12,30h).

Baixo o título O comezo do mundo vai ofrecer unha selección de contos e historias de mulleres, baseadas en mulleres ou que teñen un fío condutor común na orixe do ser humano e no valor da palabra.

Esta actividade pódese ofrecer grazas á colaboración do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Rianxo. A actividade pretende achegar o valor da oralidade ao alumnado rianxeiro, precisamente da man dunha muller (cando se celebra a semana en contra da violencia de xénero), que ademais é de fóra de Galicia pero que ao vivir na nosa terra asumiu a lingua do país como propia e que desenvolve unha parte importante do seu traballo en galego.

A lingua galega vai ser a ferramenta que axudará a reflexionar sobre a nosa vida e a rirnos de nós mesmos, pero tamén tratará, dende ópticas diversas, diferentes aspectos da sociedade, entre eles a discriminación e a violencia contra as mulleres, a tradición oral, a necesidade de comunicarnos e de respectarnos para vivir en sociedade, e o valor que ten a nosa lingua propia como parte fundamental do noso patrimonio.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 24-11-2017 10:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego