ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Xa chega o samaín
Xa se acerca o Samaín cheo de medo e de misterio.
Hoxe tráiovos unha lenda que encontrei nunha páxina, espero que vos guste.

A Santa Compaña

Na mitoloxía popular galega a Santa Compaña é unha procesión de mortos, de almas errantes que percorren os camiños das parroquias polas noites. Quizais sexa unha das crenzas míticas máis arraigadas no rural da nosa terra.

O medo comeza á media noite, a Santa Compaña sae a pasear, vai sempre encabezada por un home vivo que porta unha cruz e máis un caldeiro de auga bendita, mentres que as ánimas portan cadanseu pequeno cándil. O encargado de portala cruz non pode, baixo ningún concepto, voltala vista atrás, só poderá ser liberado da súa penitencia cando se atope con outra persoa, home o muller, polo camiño.

A comitiva espectral sae dos cruceiros e a súa misión é a de visitar todas aquelas casas nas que axiña se producirá unha morte. O portador da cruz non lembrará durante o día o acontecido polas noites. Pero non todos os mortais posúen a facultade de ver cos seus propios ollos á Santa Compaña, din que os nenos bautizados por erro co óleo dos mortos a posuirán de adultos.

Pouco se pode facer para protexerse da Santa Compaña, afastarse do seu camiño, debuxar un círculo no chan, meterse dentro del deitándose boca abaixo, pregar sen levantala mirada e endexamais ficala vista neles...

Gabriel Figueira Núñez
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 29-10-2015 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego