ENDL do IES Félix Muriel |
|
Equipo de Normalización da Lingua Galega |
|

|
Perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Esta fin de semana en Rianxo.... |
|
Mañá venres, 1º de maio, a partir das 5 da tarde desenvolverase no Campo de Arriba a Feira labrega e artesana de Rianxo "Sachos á rúa", organizada polos Foros Ecolóxicos da Barbanza coa colaboración do Concello de Rianxo
Rianxo acollerá un concerto moi especial o 2 de maio a cargo de tres coros vascos. A Coral Xumela e a Coral Monte Txio de Zarauzt e mais a Coral Olagarro, de Ondarribia, viaxan desde Euskal Herria a Galiza e chegan a Rianxo para estabelecer un irmanamento musical coa vila arousana. A actividade, organizada pola Escola de Ensino Galego Semente de Santiago de Compostela, e coa colaboración do Concello de Rianxo, completarase con outras actividades culturais como un roteiro histórico por Compostela. En Rianxo, as corais bascas coñecerán, coa colaboración do Concello, o patrimonio cultural local nun roteiro cantado polas rúas da vila entre as 12 e as 14 h.
A Escola de Ensino Galego Semente, impulsionada pola Gentalha do Pichel, é un proxecto educativo autoxestionado, popular e sen ánimo de lucro, que ten entre os seus principios, a interculturalidade, e esta ruada polas rúas de Rianxo pretende irmandar as nosas línguas e culturas propias. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|