ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Semana Solidaria:Día de reflexión
O venres 27 de marzo celebrouse o último día da II Semana Solidaria. Durante este día tivemos a visita do padriño desta edición: Federico Pérez Rey.
No centro tivemos as visitas de diferentes asociacións solidarias. en xeral as actividades foron interesantes pero a min a que máis me gustou foi a da asociación Só lles falta falar, na que nos falaron de como usaban e traballaban con cans para axudar a moita xente, invidentes, xente maior... A verdade é que estivo moi ben.
No pavillón houbo postos de venda de diferentes asociacións ou colectivos (manualidades, produtos da horta...) e algúns xogos cos que nos querían facer ver como é a vida da xente que ten algunha discapacidade. Entre as actividades destacaron as carreiras en cadeiras de rodas que nos fixo ver o gran esforzo que fan os discapacitados para poder moverse.
Como podedes ver celebráronse moitas actividades e estiveron moi ben.
Tamén o alumnado traballou, demostrando o seu gran espirítu de solidariedade cos demais.
Tamén contamos coa gran actuación do grupo Xerock que nos ensinou que non fai falla ser perfecto para poder tocar rock.
Este ano pode que non tiveramos tanta colaboración interna como o ano anterior ,pero aínda así contamos cunha gran axuda externa e os voluntarios que houbo, aínda que non foran moitos, esforzáronse moitísimo para sacar este proxecto de solidariedade.

Sergio Somoza Tubío
Adrián Chaves Gómez
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 20-04-2015 12:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego