ENDL do IES Félix Muriel |
|
Equipo de Normalización da Lingua Galega |
|

|
Perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
UN FARO NA ESCURIDADE |
|
O pasado mèrcores 25 de marzo, o alumnado de 2º de ESO fomos ao Salòn de Actos a que un escritor nos contara un pouco a historia dun dos seus libros e que foi a nosa obra de lectura trimestral para lingua galega. Tratábase de Fernando M. Cimadevila e falounos da súa obra titulada: "Un faro na escuridade". Comentounos que este foi o libro que máis lle gustou e á vez o que máis lle costou escribir.
"Un faro na escuridade" trata de dous protagonistas chamados Hofman e Xonás que terán que resolver un misterio dunha cidade que está perdida e deshabitada. Nesta viaxe terán que enfrontarse a perigos case mortais, a misterios, e tamén haberá traizóns entre os personaxes. Estes serán guiados por unha muller chamada Juliet que os levará ata o destino nun vehículo aeroestático que se chama Argestes.
Despois de falarnos do seu libro fixémoslle algunhas preguntas arredor do libro e el contestounos a todo .
Ao final da charla puidemos levarlle os libros a asinar. E foi daquela cando soubemos tamén que Carlos De Jesús Cimadevila, o noso profesor de Ciencias Sociais era o seu tío.
Tofik e Fátima, 2º ESO |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|