O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Seminario da asociación Paideia no IES Félix Muriel
O Xoves 26 de Marzo acudiron ao instituto de Rianxo dous voluntarios da asociación Paideia a darnos unha charla acerca do voluntariado en distintos países europeos (Italia, Alemaña, Holanda, Polonia...).

Contáronnos as vantaxes destas viaxes, os requisitos e pasos para poder participar, o que se fai durante as estancias e os distintos tipos de viaxes e traxectos.

Hai varias modalidaes de viaxes. Pódese acudir a elas de forma individual ou en grupos. Nas individuais podes escoller un dos tipos de voluntariado como traballar nunha gardería, nun restaurante, nunha residencia... Do mesmo xeito, nas viaxes en grupo, pódese realizar o mesmo tipo de actividades formativas, só que de xeito colectivo, e así aprendes a convivir con xente de distintas culturas e nacionalidades.

Compañeiros de cursos superiores subiron ao estrado e contáronnos a experiencia vivida nun proxecto parecido levado a cabo hai dous anos. Dixéronnos que para eles fora moi enriquecedor e divertido, e que sen dúbida é unha gran oportunidade para culturizarse e aprender novas linguas.

Os interesados poden contactar con Paideia (http://www.paideia.es/) e informarse, tendo en conta que deben cumprir a condición de ter entre 18 e 30 anos para participar.

Só nos queda decirvos que, na nosa opinión é unha experiencia que realmente merece a pena vivir.


Alumnos e alumnas de 3º ESO B.

e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 27-03-2015 09:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego