ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

A Candeloria
Cartaz elaborado polo CEIP Heroínas de Sálvora de AguiñoOnte foi o día da Candeloria, nesta festividade o crego bendice as candeas que a xente ten de manter acesas mentres dure a misa. Estas candeas lévanse, posteriormente, para a casa pois atribúenselles poderes como calmar treboadas ou alumear o camiño das almas que deixan este mundo.
Nalgunhas casas acenden tantas candeas como fillos morreron sen bautismo;en Muros, unha por cada persoa que morreu na casa.

Esta festa ten orixe nos cultos pagáns da fertilidade. Na antiga Roma celebrábase unha festa do lume na honra da fertilidade. No ano 492, o Papa Xelasio crea a festa da Purificación da Virxe María, que é conmemorada o 2 de febreiro. O nome da Candeloria está orixinado pola procesión realizada dentro da igrexa con candeas benditas, festa que substitúe que substitúe e cristianiza a festa pagá romana e que posiblemente sexa orixe da actual Día da Candeloria.


Hai moitos refrans sobre a Candeloria.Alguns dos máis coñecidos son:

- Os que tratan sobre o tempo

Se a Candeloria chora vai o inverno fóra; se ri, o inverno quer vir; mais cal chorar, cal rir, medio inverno está por vir.

Pola Candeloria, inverno fora ;se chove ou venta,inda entra.

Se a Candeloria vén mal o inverno está caroal.

Se a Candelaria empola, o inverno vai fóra.

- Outros temas:

Polo santo Antón toda galiña pon. Pola Candelaria, a boa e a mala.

Pola Candeloria casan os paxariños e vaise a galiñola.

Que a Candeloria chore ou que deixe de chorar,a metade do inverno está por pasado e a metade está por pasar.
Pola Candeloria pon a pita vella e a nova.

Galiñola: ave de costumes acuaticas que se cria nos canavais e espedainais de augas doces. Mide sobre uns 38 cm.

Damián (2º ESO B) Fátima Figueira Galbán (2ºESO A)

Nota: A imaxe é do CEIP de Aguiño
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 03-02-2015 11:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego