ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Castelao: homenaxe na vila esta fin de semana
Desde Cultura chéganos o anuncio das actividades que se van facer sobre Castelao esta fin de semana no concello onde nacía Castelao un 29 de xaneiro de 1886.

Venres 30 de xaneiro

20.30 h - Auditorio de Rianxo

PRESENTACIÓN, MESA REDONDA E INTERVENCIÓNS MUSICAIS E PLÁSTICAS

O acto no que se inclúen estas propostas:

Presentación do Suplemento cultural A Voz de Barbantia - xaneiro 2015
Mesa Redonda " A prensa do humor: o pouso de Castelao nos humoristas gráficos de hoxe " con Luis Davila, David Pintor (de Pinto&Chinto) e Xosé Lois González Vázquez (O Carrabouxo), moderados por Moncho Ares (delegado comarcal de La Voz de Galicia)
Intervención musical de María Varela e Francisco Cardama
Intervención plástica do pintor Carlos Triñanes

Sábado 31 de xaneiro

12.00 h - Busto de Castelao no Paseo da Ribeira

OFRENDA FLORAL E POSTERIOR INTERVENCIÓN DE AUTORIDADES

19.00 h - Auditorio de Rianxo

TEATRO INFANTIL: COUSAS DE CASTELAO A CARGO DE TÍTERES CACHIRULO

A obra está recomendada para nenos e nenas a partir de 5 anos. As entradas son de balde e poden retirarse (máximo 2 por persoa) unha hora antes do comezo da representación.

APROVEITADE!
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 29-01-2015 00:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego