ENDL do IES Félix Muriel |
|
Equipo de Normalización da Lingua Galega |
|

|
Perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Por que no Nadal comemos turrón? |
|
O turrón é unha comida tradicional do Nadal e por iso case todo o mundo o come nesta época do ano.
Hai dúas razóns principais polas que o consumimos nas festas de Nadal. A primeira é que os ingredientes do turrón non son moi baratos e entón é un gasto que non facemos a miúdo pero si en datas sinaladas. A segunda, que a súa elaboración non é moi doada, polo tanto só se come nun nmomento especial do ano como é a época do Nadal.
O proceso da elaboración é autenticamente tradicional. Aínda que as modernas maquinarias facilitan a súa producción industrial e garanten unha maior calidade, o sector turroneiro segue guiándose pola mesma "receita" de sempre. Este doce, na especialidade máis común e antiga está feito de améndoas ou avelás, mel, clara de ovo e azucre. Pero aínda que este foi o primeiro tipo de turrón que se fabricou hoxe en día realmente hai moitas variedades con diferentes masas, ingredientes, formas e mesmo tamaños.
A produción dos turróns foi regulada pola Unión Europea en setembro de 1990 a partir dese momento comezaron a fabricarse as diferentes especialidades de turróns e a ampliarse a súa comercialización.
O turrón asóciase á tradición cristiá do Nadal e hoxe alcanzou a fama en todo o mundo.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|