ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Propostas Culturais en Rianxo esta fin de semana
Venres 6 de xuño
20.30 h - Salón de actos do Auditorio de Rianxo
PRESENTACIÓN DE NIMBOS: CÁLIZ FERVENDO !
PRESENTACIÓN DE NIMBOS, CALIZ FERVENDO! (Caderno XXIX do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades), a cargo de Xosé Luís Axeitos Agrelo (catedrático e académico), Armando Requeixo (escritor e especialista na obra de Díaz Castro), Luís Cochón (catedrático e co-director dos Cadernos Ramón Piñeiro) e Luís Alonso Girgado (catedrático e co-director dos Cadernos Ramón Piñeiro), introducidos por Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo). Este caderno XXIX acolle vinte e cinco traballos a redor de Nimbos, o seu título procede dun verso de Díaz Castro e quere ser homenaxe cálido ó gran señor da palabra poética, que foi o poeta de Guitiriz.
Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo
APERTURA DA EXPOSICIÓN: GALICIA CABO VERDE: UNHA IRMANDADE
A exposición é o resultado dunha viaxe por Cabo Verde de Roberto Amado en outubro de 2013, como premio por gañar o concurso Imaxes con fondo, organizado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedad.Rober Amado emprendeu unha viaxe dun mes por 6 das 10 illas que compoñen o arquipélago caboverdiano, visitando os principais proxectos apoiados polo Fondo Galego durante os 11 anos de cooperación con Cabo Verde. As súas instantáneas mesturan viaxes da vida diaria das persoas que se viron beneficiadas polos proxectos apoiados polo Fondo Galego, que no seu conxunto nos achegan á realidade do país.
A exposición poderá visitarse no horario de apertura do Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo dende o 13 ao 28 de xuño.
22.30 h - Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro
OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA
O programa Todocosmos, que desenvolven o Concello de Rianxo, o Observatorio Ramón María Aller da Universidade de Compostela e outras institucións públicas e privadas de Galicia, realizarase desta volta en Leiro, cunha presentación introdutoria no C. C. Vicente Vidal e posterior observación nas pistas polideportivas anexas. Estarán visibles, entre outros obxectos celestes, os planetas Marte e Saturno, estrelas dobres e cúmulos estelares.
* En caso de condicións atmosféricas non invitadas -chuvia, nubes, néboas, ...- non quedará máis remedio que suspender a actividade.

Sábado 14 de abril
18.00 h - Auditorio de Rianxo
A GUERRA DE NUNCA ACABAR a cargo dos benxamíns do Cadro Artístico Airiños
21.00 h - Auditorio de Rianxo
UN MACABRO FIN DE CURSO a cargo dos alevíns do Cadro Artístico Airiños.
Unha nova velada teatral que, baixo a dirección de Esther Carrodegüas -actriz, autora teatral, poeta e directora do cadro Artístico-, permitirá aos espectadores achegarse ao enxeño e traballo dos nenos e nenas máis novos da compañía. Talentosos actores e actrices que han ser nun futuro próximo o sangue novo que lle dará a Airiños outros oitenta anos de éxitos teatrais.


Máis información na páxina web do concello




e ti que opinas? (4) - Categoría: Cousas - Publicado o 13-06-2014 12:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Talentosos actores e actrices que han ser nun futuro próximo o sangu#blgtk08#e novo que lle dará a Airiños outros oitenta anos de éxitos teatrais.
Comentario por chanel outlet (24-06-2014 04:58)
2 En caso de condicións atmosféricas non invitadas -chuvia, nubes, #blgtk08#néboas, ...- non quedará máis remedio que suspender a actividade.
Comentario por replica chanel (24-06-2014 04:58)
3 Estarán visibles, entre outros obxectos celestes, os plan#blgtk08#etas Marte e Saturno, estrelas dobres e cúmulos estelare
Comentario por louis vuitton outlet (24-06-2014 04:59)
4
Hai actores talent que, no futuro próximo, blgtk08 s#blgtk08#angue ## de novo, que vai ter éxito noutro teatro Airiños80.
Comentario por Christian Louboutin Evening Outlet (08-08-2014 10:04)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0