ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Participamos no vídeo de homenaxe a Sempre en Galiza
A semana pasada chegounos un convite para participarmos nunha das accións de homenaxe á edición do Sempre en Galiza que quere facer o CCG(Consello da Cultura Galega). Trátase dun vídeo no que un grupo de persoas de diferente sexo, idade, raza e condición irán encadeando as frases dun fragmento do devandito libro.
Como querían rematar o vídeo en Rianxo con rapaces e rapazas de 12 anos, propuxéronnos ao alumnado de 1º ESO do IES que participásemos dicindo a seguinte frase:
Teñamos, pois, o espirito grande para sentirnos orgullosos de ser fillos dunha Terra pequena.?
O alumnado da ESO do Equipo de Normalización que participou na actividade tivo que trasladarse ata a ribeira na zona da rotonda de Rianxiño para facer a gravación ao lado do mar. Ensaiamos antes na clase pero aínda así tivemos que repetir varias veces.

Nesta actividade os rapaces pasámolo moi ben, aínda que estabamos un pouco nerviosos porque tiñamos medo a equivocarnos, e ademais picábanos moito os mosquitos.

A difusión do vídeo será a través dos medios corporativos e sociais do Consello da Cultura Galega, e vaise estrear no mes de xullo no Parlamento.

Tófik Santiago Garrido (1º ESO C)
e ti que opinas? (1) - Categoría: Cousas - Publicado o 03-06-2014 14:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Esto é moi interesante, pareceme unha actividade xenial. Pero eso de ensalla#blgtk08#r na clase é un pouco forzado, non credes?
Tiña que salir de un mesmo.
Comentario por alumna do IES Félix Muriel (05-06-2014 14:49)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0