ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Actividades no concello de Rianxo esta fin de semana
Estas son algunhas actividades nas que poderedes participar durante esta ponte de maio no concello:

Xoves 1 de maio

A partir das 11.30 h - DÍA DA XENTE DO MAR

HOMENAXE OS RIANXEIROS FALECIDOS NO MAR: 11.30, Parque Galicia, Ofrenda floral e 12.00, Capela de San Bartolomeu, Misa de Campaña e Ofrenda marítima

FESTIVAL DE MÚSICA FOLC E BAILE TRADICIONAL: 18.30 Río de Anxo, 19.30 Aleivosía da ASC Fogo Fatuo e as 20.30 h Os Perucos na Praza Rafael Dieste

Organiza: Concello de Rianxo

A partir das 16.00 h - Souto (Isorna)

FESTA FIN DE CICLO INVERNO-PRIMAVERA CONCERTOS POLAS PARROQUIAS

A festa comezará as 16.00 h con inchables, xogos, obradoiros.... Ás 18.00 un concerto a cargo de diferentes agrupación: Grupo de Adultos de Linguaxe Musical, o Conxunto Instrumental e a Banda Xuvenil para rematar ás 19.30 cunha Festa Fin de Ciclo.
Organiza a Escola de Música de Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo.

Venres 2 de maio

20.30 h - Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo

PRESENTACIÓN DO POEMARIO FARRAPOS BONECA de Rochi Novoa, coa participación da autora, dos profesores Xosé Costa Rodil e Xosé Brea Rei e de Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo)

Sábado 3 de maio

20.30 h - Auditorio de Rianxo

CONCERTO: XI ANIVERSARIO DA BANDA DA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO

Retirada de convites unha hora antes do comezo do concerto. Organizado pola Escola de Música de Rianxo, dentro da programación conmemorativa do seu XI Aniversario.


Domingo 4 de maio

19.00 h - Auditorio de Rianxo

PRESENTACIÓN DO DISCO: ONCE BADALADAS do grupo ALVARIZA

Entradas 1 € (venta anticipada en Manualidades Acuarela), unha hora antes do comezo do concerto. Sorteo de 2 cds entre as entradas. Organiza: Asociación Sociocultural Fogo Fatuo. Colabora: Concello de Rianxo

Ademais podedes visitar no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo as exposicións Os paraugas da paz do CRA de Rianxo e Picasso visto por Catelo na que se recollen tallas de Vicente Iglesias Sobradelo

Se precisades máis información podedes consultar a páxina web do concello.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 30-04-2014 16:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego