ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Liga Cadete de Tenis Rianxo
Igual que a pasada tempada, o Clube de Tenis de Rianxo, organizará unha liga de cadetes para que a xente de idades de entre 14 e 16 anos se animen a participar e deste xeito a ter unha primeira toma de contacto coa raqueta e se animen así mesmo a entrar no CTR. A parte, o obxectivo secundario deste ano, tamén sería intentar expandir a liga e intentar chegar a canta máis xente posible e aumentar o número de participantes do 2013 que contou unicamente con seis persoas. De momento son cinco rapaces os que están apuntados pero o prazo de inscripción aínda estará aberto ata o día 7 de maio.
Tamén habería que comentar que esta liga non é só para xente de Rianxo, senón que se pode apuntar xente de toda a Barbanza.
O formato de competición é moi sinxelo: Cada victoria son 2 puntos, ao final da tempada os tres que máis puntuación teñan recibirán un galardón.
O pabellón onde se xogará a liga, será o colexio de Asados.
Quen se queira apuntar terá que mandar un correo a clubtenisrianxo@gmail.com no que deberá especificar; nome, apelidos e número de teléfono. A parte, como no ano pasado, ao acabaren todas as competicións, organizaráse un evento para a entrega de trofeos.
Animádevos que confiamos vervos por alí.

Abel Troáns. 4ºA
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 30-04-2014 12:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego