ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

SON ACERTADAS AS PALABRAS DE TONI CANTÓ?
O pasado 16 de Abril, o actual deputado da UPyD valenciana, Toni Cantó, volveu á polémica ao comparar a inmersión lingüística coa pederastia nunha recente entrevista para a revista Jot Down. El defendeu o dereito a elixir a lingua na que se desexa estudar, poñéndolle límites ás leis que o impiden, ao igual que se lle impide a un pederasta facer o que desexe. Obviamente foi unha comparación moi pouco acertada e que el mesmo recoñeceu ao longo da entrevista.

Con esta comparación o que pretendía era facer referencia á controversia que xurdiu no Tribunal Superior de Xustiza Catalán no que se sentenciaba que si un alumno pide mais horas en castelán que en catalán, o colexio debe proporcionarllas. Algo sobre o que Toni Cantó se manifestou totalmente a favor, xa que para el, o dereito a elixir a lingua na que te queres formar é un dereito mais ao que todos teñen dereito.

Fabián Gómez Ces
2ºBACH B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 09-05-2013 09:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego