ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Twitter, por fin en galego!
Por fin! Dende fai uns días, a rede social estadounidense xa é configurable no noso idioma. Xunto co galego incorpóranse outros quince idiomas, entre os que están o gaélico irlandés moderno e o galés, ademais do tamil, serbio, búlgaro, kurdo, vietnamita, croata, romanés, letón, canarês, bielorruso, bengalí, albanés e eslovaco.

O galego foi, até o outro dia, a única lingua oficial do Estado que non fora considerada polos responsábeis de Twitter. Castelán, éuscaro e catalán xa tiñan a súa versión en Twitter, mais o galego foi ignorado malia a campaña que durante meses mantivo activa a conta @tweet_en_galego -seguida por case 15.000 usuarios- a prol da nosa lingua e secundada por miles de persoas que utilizaron etiquetas que se fixeron populares e mesmo chegaron a ser tendencia, como #TwitterEnGalego.

Pedro Tubío Figueira
2º Bach - B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 27-02-2013 19:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego