ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

A situación do galego no ensino
Dende a chegada ao goberno da Xunta de Núñez Feijoo no ano 2009, a defensa do galego por parte da administración pública vai en decadencia.
No ámbito do ensino sacou adiante un “decretazo” antipopular derogando así o anterior aprobado por unanimidade. Este decreto,(seica chamado “do plurilingüismo”) o que pretendía era reducir a presenza do galego do 50% mínimo que garantía o anterior a un 33%, para no seu lugar impulsar o inglés. Mais, finalmente, o de darlle igual importancia ao inglés non foi adiante pola falta tanto de medios coma de fundamento académico. O resultado é que agora, ese decretazo, estámolo sufrindo tendo que estudar gran parte das nosas materias en castelán.

Ao longo de todo este tempo convocáronse diversas manifestacións multitudinarias sendo a máis emblemática a do 21 de xaneiro de 2010. Ese día, encheuse a Praza do Obradoiro e segundo me conta meu irmán foi moi emocionante. Este 17 de maio, com motivo do Día das Letras Galegas a plataforma cidadá Queremos Galego, debido a este problema, convoca de novo a todos e todas a manifestarse en Compostela pola defensa do noso patrimonio lingüístico.

Lucía Ordoñez Iglesias
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 25-04-2012 11:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego