ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

REALMENTE EVOLUCIONAMOS TANTO NOS NOSOS IDEAIS?
A miña avoa díxome que nos seus tempos falar galego estaba mal visto. O outro día indo pola rúa aínda cheguei a escoitar unhas verbas un tanto peculiares. Unha nai duns 30 anos dicíalle ao seu fillo de cinco; “Cariño , háblame bien”, xa que este contestara en galego a unha pregunta. E eu quedei pensando que se podemos evolucionar cara a outros aspectos da vida , por que non cambiamos respecto a como se trata o galego?

É moi fácil alardear de ser unha persoa moi moderna. É moi doado dicir que os tempos de antes eran peores e que cambiamos para mellor. Pero realmente hai aspectos que non cambian, hai persoas que seguen vendo o galego como unha lingua desprestixiada e que pensan que falar o noso idioma é de xente menos fina. E logo, están outros que pensan que falar con gheada ou seseo é un vicio feo, e que queda mal na lingua.

Realmente, ao meu parecer non hai cousa máis fermosa que poder presumir da nosa lingua, de falar con distintas características e de ser de Galicia .

Nerea Lorenzo Rodríguez 4ºC
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 25-04-2012 10:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego