O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

SER MULLER vs. SER NAI

Hai unhas semanas, o ministro de xustiza Alberto Ruíz Gallardón intentou argumentar no Congreso a necesidade dunha reforma da Lei do aborto. No seu argumento afirmaba que “a sociedade, marcada polo machismo, non lle dá ás mulleres unhas condicións axeitadas para sacar adiante un fillo, polo que habería que darlle máis protección ás mulleres no que respecta á maternidade para evitar que caian no fracaso do aborto”. Cando o PSOE e outros grupos da esquerda comezaron a cuestionar esta afirmación propoñendo que existen mulleres que simplemente non queren ser nais, é dicir, que non é que non poidan, senón que non queren, Gallardón intentou descalificalos dicindo que toda muller ha de ter fillos para ser plenamente unha muller.
Na miña opinión trátase dunha afirmación profundamente machista que evidencia a verdadeira ideoloxía de Gallardón no que respecta á condición da muller. A continuación dispóñome a desmontar esta teoría que non debería ter chegado a pronunciarse.
En primeiro lugar hai que distinguir dous conceptos claramente separados: a muller que QUERE ser nai e a muller que NON QUERE ser nai. Trátase de dous perfís de muller con dúas vontades distintas. Polo tanto, se se lle impide ser nai a unha muller que quere ter un fillo ou se se obriga a ser nai a unha muller que non quere ter un fillo, estase convertendo a esa muller nunha persoa infeliz. No que respecta a este punto, Gallardón aporta un argumento no que inclúe a todas as mulleres no grupo das que queren ser nais ó afirmar que as mulleres que desexan abortar quéreno facer porque non poden sacar adiante un fillo, un fillo que queren, polo que el sobreentende.
O seguinte fallo do ministro é que nunha parte do seu discurso di que “non se lle dá ás mulleres unhas condicións axeitadas para sacar adiante un fillo”. Nesta frase, tamén pretendidamente feminista –aínda que de feminista non ten nin un atisbo–, vén dicir que son as nais solteiras as que teñen que manter o fillo, é dicir, que o home, ó non estar casado, pode desentenderse tranquilamente no que respecta ó coidado e mantemento do bebé. Esta é outra gran metedura de pata por parte do misnistro.
Por último –aínda que este argumento se podería criticar moito máis–, a teoría de que “toda muller ha de ter fillos para ser plenamente unha muller” é unha das groserías máis grandes que se poden oír, xa que entón unha muller que non queira ter fillos ou que non poida debido a un problema de fertilidade non é, a ollos de Gallardón, unha muller. E pregunto eu: que é entón? Pero claro, un home que non ten fillos si é un home, porque claro, non é o mesmo ca unha muller, é “superior”, non? Pois vai ser que non, Gallardón.
Conclusión: machismo por doquier. É verdadeiramente vergoñento que en pleno século XXI exista alguén con esta ideoloxía e moito máis tendo en conta que desempeña un cargo de tal calibre no goberno. Na miña opinión este tipo de actitudes deberían ser castigadas coa destitución do seu cargo, pero claro, se aínda non se fixo só se me ocorre a posibilidade de que o resto do goberno popular comparta a mesma opinión...
Ana Fernández Prol
e ti que opinas? (0) - Categoría: Ollada crítica - Publicado o 23-04-2012 11:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego