ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

FOLGA XERAL: ÚTIL?
O pasado 29 de marzo convocouse unha folga xeral contra a xa internacionalmente famosa reforma laboral levada a cabo polo goberno popular de Mariano Rajoy. Trátase dunha convocatoria da que os distintos medios informaron baixo o enfoque da súa ideoloxía, como acontece con toda folga. Deste xeito, os medios da dereita afirmaron que esta “apenas tivo apoio”, comparándoa coa última folga xeral, a que tivo lugar durante o goberno socialista de Xosé Luís Rodríguez Zapatero. No entanto, os medios da esquerda abriron portada con titulares como «Éxito total». Todos estes enfoques contribuíron á aparición dunha cuestión que estivo a ser debatida durante os días seguintes á folga: serviu para algo a folga?
Obviamente, a folga non logrou o seu obxectivo, pois a reforma laboral mantense, mais ese é un dos problemas deste goberno, que ignora a vontade dos cidadáns españois baixo argumentos que parecen descalificarnos; como se afirmara que nós non entendemos sobre esas cousas, coma se fosemos parvos para darnos conta de cales son os servizos públicos prioritarios!
Na miña opinión, a folga si serviu para algo, pois con ela, os cidadáns podemos expresar a nosa opinión e reivindicar os nosos dereitos e, aínda que o goberno nos ignore, toda España sabe que se están levando a cabo unha serie de medidas rexeitadas pola inmensa maioría do pobo: unhas medidas IMPOSTAS, polo tanto.
Ante esta situación dicir tamén que, non creo xusto que se cuestione o dereito de folga, pois trátase dun dereito polo que se loitou durante moito tempo, loita que foi castigada con inxustas consecuencias. Nós, que contamos con tal dereito, deberíamos facer uso del cando se nos impoñen medidas ou reformas como esta coas que discrepamos. E no caso de que esteamos de acordo, entón o mínimo que se pode pedir é respectar un dos dereitos máis importantes cos que pode contar un cidadán: o dereito á folga.

Ana Fernández Prol
e ti que opinas? (0) - Categoría: Ollada crítica - Publicado o 18-04-2012 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego