O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

O galego no mercado
Dende hai un tempo aquí o galego foi introducido no ámbito do mercado ou comercio.
Cando pasamos por diante dunha tenda xa non é tan raro atoparnos entre os cinco idiomas que pon “rebaixas” o galego. Inda así non pasamos do
simple cartel das rebaixas ou como moito un “graciñas” ó saír da tenda.

Nos grandes centros comerciais atopamos a maior parte dos carteis en galego e en castelán, non sempre con tanta frecuencia pasa nas grandes
tendas franquiciadas ás que solemos acudir con máis frecuencia ou mesmo nun supermercado. Só algúns supermercados como Eroski ou Mercadona teñen os carteis en galego.
Nas televisións a publicidade dos produtos máis demandados en ocasións veces son traducidos ó galego pero outras xa non.
E parece ademais que gran parte da xente teme ler un cartel en galego e moitas veces incluso critican a palabra galega dicindo que é unha
inventada e non do noso idioma.
Este feito provoca un gran reparo ó uso do noso idioma no comercio, incluso hai establecementos nos que está prohibido o uso do galego para os empregados
se se están a dirixir ó cliente. Isto non pasa só en pequenos comercios onde os prexuízos invadiron por completo a mentalidade da xente senón que tamén ocorre en infraestruturas hoteleiras como é o famoso caso do recoñecido hotel da Toxa.
Se queremos normalizar a lingua non debemos permitir este tipo de comportamentos que reprimen o noso idioma. Para isto é moi importante o traballo de asociacións como A Mesa pola Normalización Lingüística ou o labor dos equipos de normalización de concellos e centros de ensino. Tamén debería ser un asunto do goberno, o cal na actualidade non se preocupa nin o máis
mínimo, pero nalgún tempo pasado, mellor para o noso idioma tense promovido o galego no mercado con subvencións para aqueles comercios que puxesen o seu nome e propaganda en galego.
Nós tamén temos un traballo por facer que é o de non avergoñarnos da nosa lingua nestes lugares e
non cambiar de lingua se nos diriximos a un tendeiro.


Miguel Silva Conde (2º Bac.B)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 12-04-2012 09:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego