ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Galego e medios de comunicación
Vou presentar unha reflexión sobre o uso que eu vexo do galego nos medios de comunicación.

O galego nos xornais:

O xornal galego con maior difusión é La Voz de Galicia, que conta con 12 edicións locais e unha a nivel autonómico. Outros xornais relevantes son El Correo Gallego, Faro de Vigo, Galicia Hoxe (o primeiro que se publica unicamente en galego), La Región. Entre outros xornais de menor difusión contamos con : o Atlántico Diario, De luns a venres, DxT Campeón, El Ideal Gallego, o Heraldo de Vivero, o Xornal de Galicia e o Diario de
Ferrol.

Hai datos que din que como media a maioría dos xornais só teñen un 3,69% das páxinas de información en galego. Sen ter en conta as páxinas de opinión, nas que isto varía dependendo do xornal.
A lingua habitual de moitos xornalistas que traballan en Galicia é o galego, e a maior parte saben escribilo correctamente aínda que adoiten empregar o castelán normalmente no seu traballo. Sendo así, eu pregúntome Se isto é así por que non se emprega o galego nos xornais?

O galego na radio:

A Radio Galega é a radio pública de Galicia, forma parte da CRTVG do mesmo xeito que a Televisión de Galicia. Radio Galega comezou a emitir a súa programación regular o 29 de marzo de 1985. Conta con dúas cadeas que emiten de forma
convencional: Radio Galega, que emite programación xeral e Radio Galega Música, con contidos musicais.
Hai tamén moitas emisoras locais.
Na miña opinión as radios galegas son un bo medio para fomentar o uso do idioma galego.

O galego na televisión:

A Televisión de Galicia é a cadea pública autonómica de televisión, que emite desde o
24 de xullo de 1985. A Televisión de Galicia emite en todo o territorio galego e ademais
conta con dúas canles internacionais, Galicia Televisión Europa e Galicia Televisión
América, que emiten en toda a Unión Europea e en América. A segunda canle tvG2 emite desde o 2 de febreiro de 2009.

O Centro Territorial de Galicia da TVE comezou a emitir programación propia en 1974, por primeira vez a televisión contaba cun espazo de programación regular en lingua galega.

Tamén existen dúas televisión privadas de ámbito galego, V Televisión e Popular Televisión
Galicia. Tamén hai cadeas de televisión de ámbito local.

Creo que a televisión é o mellor medio para fomentar o uso do galego porque chega a todos
os públicos: nenos, mozos e maiores. Eu penso que a televisión é un medio de comunicación que conta con máis audiencia, se o comparamos cos xornais e a radio. Un rapaz moi novo non le o xornal, nin escoita a radio a miúdo, pero si ve os debuxos da
tele.

Sara Otero Mosquera 4ºC
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 19-04-2012 08:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego