ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

O GALEGO NO ÁMBITO FAMILIAR. UNHA EVOLUCIÓN ATÍPICA


O galego vén sendo dende hai tempo unha lingua considerada inferior, á que se lle atribuíron múltiples prexuízos que agora sabemos que son totalmente falsos, pero que aínda así condicionan ou determinan claramente os seus usos en boa parte da poboación. Esta lingua recibiu e recibe usos moi diferentes dependendo do ámbito no que se encontre.

Hoxe en día no ámbito familiar o galego está, ou debería, estar presente.

Eu vou contar a situación que se foi dando na miña propia familia.
Miña avoa sempre falou castelán e , polo tanto, foi a lingua que lle ensinou aos seus fillos. Isto débese, principalmente, á época na que viviu e os prexuízos, que daquela, posuía o galego. Agora, en cambio, ela fala sempre o galego porque está acostumada a oílo a miúdo. Logo están meus pais, que antes tamén se desenvolvían en castelán, independentemente de que o galego puidese estar máis presente, pero que agora falan galego como se fose sempre a súa lingua propia, aínda que en ocasións poidan falar o castelán entre eles. A min educáronme coas dúas linguas presentes. Na escola, sobre todo, aprendía galego e na casa, ademais, o castelán. Agora eu só me desenvolvo en galego porque é a lingua coa que me sinto identificada. En definitiva, podo dicir que o galego tivo unha boa acollida na miña casa.

A ligua que fale cada persoa ou cada familia depende moito do lugar no que se naza e do lugar no que cada un se desenvolva. As familias de fala galega son as familias que sempre estiveron en contacto con esta lingua, porque logo, se observamos a situación predominante nas familias de cidade comprobaremos que o castelán é a súa lingua por excelencia.

Patricia (2º Bac)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 19-04-2012 09:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego