O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Campionato de España de marcha
Hai uns días, un compañeiro meu da clase, chamado Elio, foi a Murcia ao campionato galego de marcha por equipos. El foi representando a Galicia e quedou de 28/39, o cal está moi ben para ser un campionato de España . O noso amigo é moi bo marchador. Moita sorte e que sigas disfrutando deste deporte.


Brais Aido Rey 1º ESO B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Ollada crítica - Publicado o 16-03-2015 12:22
# Ligazón permanente a este artigo
CLASH OF CLANS
Ola a todos, hoxe traiovos un gran xogo que está arrasando en todo o mundo.Sí, é o CLASH OF CLANS.
O gran xogo de estratexia que está á vosa disposición gratuitamente no playstore, e máis na appstore.

Para mín é un gran xogo. Teño que dicir, que o peor momento que pasei xogando, foi cando tras ter conseguido moitas copas polo ataque a moitas aldeas,pasei varios días sen xogar e ao reiniciar o xogo, casi tiña tódolos trofeos perdidos

É un gran xogo e recoméndovolo.

Ricardo Mosquera García 1ºESO B
e ti que opinas? (1) - Categoría: Ollada crítica - Publicado o 25-02-2015 12:24
# Ligazón permanente a este artigo
WORLDCRAFT
Hoxe traio un xogo semellante ao grandísimo minecraft. Este xogo chámase o worldcraft. Xa está ao alcance de todos na aplicación playstore, en dispositivos android. É totalmente gratuíto.
O que me gusta deste xogo é que é bastatante semellante ao minecraft nos gráficos.
Podería ser máis parecido nos cubos e podería tamén haber máis cambios de clima, deserto, terra...
Con todo, penso que é un bo xogo e recoméndovolo.


Ricardo Mosquera García 1ºESO B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Ollada crítica - Publicado o 20-02-2015 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
Crítica sobre O anuncio da Lotería
O anuncio da lotería de Nadal 2014 deu moito que falar. Tanto que este , pola miña parte , non ten moito mérito , xa que utiliza a xente e usa historias reais, cun sentimento esaxerado para facer caixa.
Nos últimos anos, a campaña publicitaria da Lotería convertírona en cine e concertos de música.
Este ano,usaron un bar real para gravar o anuncio. Cambiaronlle o nome e denominárano Bar Antonio, xa que neste hai un home chamado Antonio que lle garda un décimo premiado da lotería a un señor que non comprara a lotería este ano.
Eu, prefiro algunhas das parodias, xa que falan de temas más reais na sociedade actual.

Sergio Somoza Tubío . 1ºESO D
e ti que opinas? (0) - Categoría: Ollada crítica - Publicado o 05-12-2014 10:26
# Ligazón permanente a este artigo
Discriminación ao galego ata na música
O ex-alumno do IES Félix Muriel Antón Alcalde e autor da peza Os heroes do Orzán, deulle permiso ao director da banda de Vilagarcia, Suso Nogueira, para que traducise ao castelán a súa obra porque segundo este "pretende que a entenda un público que fala castelán".
Na nosa opinión este feito non é soamente unha ofensa contra o galego, senón tamén contra as persoas que falan galego, deixándoas quedar xente como inculta que só pode entender pezas que non teñen letra. Se estamos en Galicia todos debemos entender o galego, e os de fóra terán que coñecer a nosa cultura coa nosa lingua.






Miguel Rial Carou
Ana Lucía González Alcalde
Carmela Castro González
Alba Pérez Castaño
4ºESO B
e ti que opinas? (1) - Categoría: Ollada crítica - Publicado o 25-01-2013 14:07
# Ligazón permanente a este artigo
Made in Galiza.
Este recuncho imos dedicalo a falar do libro : Made in Galiza , o cal estamos lendo varios grupos do noso instituto.

En cada capítulo do libro nárrase unha historia, todas elas relacionadas co galego. Algunhas das historias teñen un narrador protagonista, mentres que outras tratan o tema da lingua facendo unha reflexión ou dando unha opinión.
Algunhas das impresións que fomos sentindo ó ler o libro foron ; sorpresa, identificación ou simplemente nos pareceron cómicas.

Dende o noso punto de vista, o libro é doado de ler e ademais, que teña tantas historias incítache a seguir lendo.


e ti que opinas? (0) - Categoría: Ollada crítica - Publicado o 17-01-2013 12:12
# Ligazón permanente a este artigo
Bo Nadal!!
Tras a entrega de notas o alumnado do IES Félix Muriel , así como do resto de institutos, comezará as vacación de Nadal!
Este período do ano, tan desexado por todos, é o mellor para pasar máis tempo coa familia, amigos, e poder, tras o que se traballou durante o trimestre, descansar un pouco esas cabeciñas pensantes... Tamén, por outro lado é unha época de emocións e sorpresas agardando polos nosos regalos e desexando, con igual consideración, que lle gusten os teus regalos a quen se lle fagan.
Bo Nadal a todos e que teñades un moi moi moi bo ano 2013!!!
Marta Lorenzo 4ºA
e ti que opinas? (0) - Categoría: Ollada crítica - Publicado o 18-12-2012 17:21
# Ligazón permanente a este artigo
25 de novembro, día internacional contra a violencia á muller
O pasado 25 de novembro, tivo lugar un gran acontecemento, foi o día internacional contra o maltrato á muller.
Hai anos as mulleres eran masacradas e sometidas a grandes torturas, e no día de hoxe, aínda hai mulleres que permiten, (por medo ou outros motivos) que iso se lles faga. Por esa razón debemos concienciarnos deste problema e axudar para non permitir que iso aconteza no día de hoxe! Hai que loitar e non esquecernos nunca, xamais, de ter en conta os nosos dereitos e que nada, nin ninguén se vai antepoñer á hora de nos defender e reivindicar unha vida digna.

Marta Lorenzo 4ºA
e ti que opinas? (0) - Categoría: Ollada crítica - Publicado o 27-11-2012 23:40
# Ligazón permanente a este artigo
10º Aniversario da Cadea Humana na Costa da Morte
No décimo aniversario da gran cadea humana que se produciu o 22 de xaneiro do 2003, o mallorquín Martí Monjo decidiu facer unha homenaxe voando 80 papaventos de cor negra en representación da cadea humana que se formou cando cando as praias estaban cheas de chapapote.
Esta acción está programada para o 5 de xaneiro en Fisterra; o 4 de xaneiro en Laxe e o 3 de xaneiro en Muxia, e poderanse realizar máis homenaxes dependendo do número de voluntarios para coser e voar os papaventos que aparezan.
Están presentes diversos enlaces para anotarse neste labor:
- papaventos13n@gmail.com
- teléfono: ☎ 685 144 652



Marta Lorenzo 4ºA
e ti que opinas? (0) - Categoría: Ollada crítica - Publicado o 14-11-2012 11:34
# Ligazón permanente a este artigo
Incúmprese a Carta Europea das linguas Minoritarias en Galiza
Hai 20 anos (1992) asínase a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias que lles pide aos diversos países asinantes que se comprometan a cumprir os artigos que esta contén e a desenvolver a riqueza que as culturas europeas transmiten, así como as súas tradicións e o recoñecemento das linguas rexionais como unha maneira de expresión desa riqueza cultural.
Uns días atrás o Comité de Expertos do Consello de Europa asegurou que a Xunta nin protexe, nin promociona suficientemente o galego. Entre estas diversas críticas atopábase a reducción do ensino na nosa lingua e a posta en marcha do decreto de plurilungüísmo. Segundo datos que A Mesa Pola Normalización aportou, tan só o 20% do ensino se desenvolve en galego (o non universitario), e aínda menos no caso dun 3% de centros de infantil que imparten nas aulas a lingua galega.
A loitar polas nosas cultura e tradicións! A loitar polo galego!

Marta Lorenzo 4ºA
e ti que opinas? (0) - Categoría: Ollada crítica - Publicado o 06-11-2012 21:43
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego