ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Nadal 2015

Este Nadal está a punto de comenzar. Este ano para min vai ser moi especial. O 24 de decembro é a Noiteboa e encántame porque sempre facemos unha cea familiar todos os anos, e ao día seguinte, pola mañá hai uns regalos que nos trouxo o Apalpador.
O ano pasado non poidemos ir á cea familiar porque estabamos en Ourense.
En fin de ano sempre imos a Ourense a xunta os primos a celebrar o Ano Novo con eles. Este ano penso que tamém iremos a celebrar con eles a chegada do ano 2016.
Bo Nadal para todo o mundo.


Gabriel Varela,1ºD
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 16-12-2015 12:30
# Ligazón permanente a este artigo
Felicitacións de Nadal
Aínda non fixeches a túa felicitación para o Concurso do ENDL? Pois non esperes máis... en formato dixital, orixinal, para enviar por correo ou por whatsapp...

Ata o 17 de decembro pola mañá calquera membro do alumnado, do profesorado ou do persoal non docente pode participar!

As bases están distribuídas por todo o centro... Non deixes de lelas e envía xa a túa felicitación de Nadal. Se gañas... ha interesantes premios para cada categoría!
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 16-12-2015 00:18
# Ligazón permanente a este artigo
Este ano no Nadal
Xa imos ter as vacacións de Nadal e xa pensamos nos regalos que queremos pedir.
Na clase buscamos información sobre as tradicións de Galicia e doutros sitios.Vimos imaxes do Apalpador que lle trae regalos aos nenos en Galicia e do Olentzero e do Tió que tamén levan regalos en Euskadi e en Cataluña.
Eu este ano vou pedirlle os meus regalos ao Apalpador. A ver que notas saco e se me traen o que lle vou pedir



e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 15-12-2015 09:57
# Ligazón permanente a este artigo
O mar fala en Rianxo

Convídovos a participar no concurso de Xincanas, que se está desenvolvendo no edificio principal.

Nesta semana estamos recollendo textos para:
Arriba áncoras!

A ultima acción consiste na redacción de microrrelatos que teñan como tema o mar. Terán que ser entregados na semana do 17 ao 23 de novembro.


Xián Castaño Rodríguez 1ºA
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 20-11-2015 12:31
# Ligazón permanente a este artigo
Na cova dos carcamáns
Lin un texto do libro Cousas de Castelao que me gustou moito. Xa me chamou á atención o titulo "Na cova dos carcamáns".

A historia trata dunha muller que seica vivía na Cova dos Carcamáns e sempre ía peitearse de mañá cedo nas pedras da beiramar para pasar o tempo, pero días despois esta muller non volveu a peitearse alí. O narrador da historia un día viu un cráneo todo cuberto de argazo ou algas e deuse conta de que era unha muller afogada, a mesma que se peiteaba na beiramar de mañá cedo.

Sabedes o que son os carcamáns? Carcamán é unha palabra con dous significados: "persoa vella e achacosa" ou "barco grande e pesado".

Fátima Galbán (2º ESO)





e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 19-11-2015 11:23
# Ligazón permanente a este artigo
TERBUTALINA
Terbutalina é un grupo de garage punk galego Formouse no 2010. Esta formado por 5 persoas:

MIGUI: Voz principal,guitarra.

MON: Gutarra, voces

SAMU: Baixo,Voces

BRAIS: Teclado, Voces

CARLOS: Batería

Aquí deixovos unha canción deles!!!

Ricardo Mosquera García 2ºESO B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 11-11-2015 10:24
# Ligazón permanente a este artigo
Xa chega o samaín
Xa se acerca o Samaín cheo de medo e de misterio.
Hoxe tráiovos unha lenda que encontrei nunha páxina, espero que vos guste.

A Santa Compaña

Na mitoloxía popular galega a Santa Compaña é unha procesión de mortos, de almas errantes que percorren os camiños das parroquias polas noites. Quizais sexa unha das crenzas míticas máis arraigadas no rural da nosa terra.

O medo comeza á media noite, a Santa Compaña sae a pasear, vai sempre encabezada por un home vivo que porta unha cruz e máis un caldeiro de auga bendita, mentres que as ánimas portan cadanseu pequeno cándil. O encargado de portala cruz non pode, baixo ningún concepto, voltala vista atrás, só poderá ser liberado da súa penitencia cando se atope con outra persoa, home o muller, polo camiño.

A comitiva espectral sae dos cruceiros e a súa misión é a de visitar todas aquelas casas nas que axiña se producirá unha morte. O portador da cruz non lembrará durante o día o acontecido polas noites. Pero non todos os mortais posúen a facultade de ver cos seus propios ollos á Santa Compaña, din que os nenos bautizados por erro co óleo dos mortos a posuirán de adultos.

Pouco se pode facer para protexerse da Santa Compaña, afastarse do seu camiño, debuxar un círculo no chan, meterse dentro del deitándose boca abaixo, pregar sen levantala mirada e endexamais ficala vista neles...

Gabriel Figueira Núñez
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 29-10-2015 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
Música nos Recreos
Todos os martes, no vestíbulo do edificio principal,durante os recreos, ven a escoitar música galega. Son audicións de grupos folk e rock estilo a Biribirloke, Dakidarría....

Hoxe estamos escoitando a Sés. Déixovos un link para escoitar algunha das súas cancións.

Quedades todos convidados e convidadas.


Ricardo Mosquera García 2ºB
SES
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 27-10-2015 12:22
# Ligazón permanente a este artigo
O noso verán

Todo comezou a primeira semana das vacacións. E xa tiñamos ganas de que comezasen despois de estar nove largos meses estudando.
Nós imos contar cada unha das nosas versións sobre estas vacacióhns de verán:

A)Versión de Sergio:
Para min as vacacións comezaron o 19 de xuño coa excursión de fin de curso á Manzaneda. Estivemos dous días e fixemos actividades na piscina, escalada, karts e hípica.
Logo uns días máis tarde comecei a ir á praia a Tanxil. Alí quedaba con Adrián e a mediados de xullo tamén cun rapaz que estaba de vacacións en Rianxo.
Tamén fun a actividades deportivas no verán, visitei os Castros de Baroña,e fun aos torneos de bádminton e tenis da Guadalupe, e quedei con diferentes amigos nas festas.

B)Versión de Adrián:
Aparte do xa mencionado por Sergio, xoguei moito aos videoxogos, lin a metade de " El Quijote " que en verdade aínda que usen moitas e máis antigas palabras non é unha lectura que varie demasiado de tempo ou escenario.
Ademais fun con Sergio a disfrutar nas fests da Guadalupe.

Sergio Somoza Tubío 2ºESO-C
Adrián Chaves Gómez 2ºESO-C
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 16-10-2015 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
Memorias Vivas
O outro día, estiven mirando un artigo escrito por Xosé González Martínez, colaborador de MUNDIARIO no que dicía que os galegos, que viviron tendo o galego como lingua, e agora estaban mortos,tiñan a inscrición da lápida en castelá. Deixovos aquí un resumo, e os parágrafos máis importantes.


Memorias Vivas
As lendas das lápidas dos defuntos que perpetúan as súa memoria están escritas en castelán, idioma no que endexamais falaron en vida, segundo salienta este especialista no galego.

Nos cemiterios os vivos falan entre si en galego, cando acuden a limpar a sepultura, poñer flores ou prender a lámpada de aceite. Porén as lendas das lápidas dos defuntos que perpetúan as súa memoria están escritas en castelán, idioma no que endexamais falaron en vida. Unha anomalía cultural na que moi poucos teñen reparado, do contrario corrixirían esa inexplicable inercia, despois de tantas décadas de liberdade lingüística.
Segundo o censo de defuncións, en Galicia morren anualmente perto de trinta mil persoas. Pois ben, só un tres por cento das esquelas que se publican nos medios de comunicación están escritas en galego; é dicir, novecentas. E cantas lápidas atopamos en galego? Unha por cada mil.
O Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia, que se celebrará o próximo día 25 de outubro en máis de medio cento de concellos, programarán senllos actos coa colocación de lápidas nas portas dos cemiterios que digan: “Na memoria de todos aqueles que aquí xacen, porque grazas a eles Galicia segue a ter cultura e lingua de seu”. E se for posible, co consentimento da familia, substituirase algunha lápida en castelán por outra en galego.


PD : páxina web: http://www.mundiario.com/articulo/sociedad/memoria-viva/20151007224020047438.html


Gabriel Figueira Núñez

e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 14-10-2015 12:31
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego