O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Intercambio a Cuntis
O pasado luns 29 de abril, os alumnos de Cuntis viñeron a Rianxo polo intercambio.
Ao chegar fixemos unha recepción musical, e de paso xa lle explicamos cousas sobre a nosa vila.
Despois emprendemos unha camiñata, na que visitamos o museo de Nós Nuco, fomos ao castelo da Lúa onde Sarela nos contou a lenda. Máis tarde realizamos unha ruta guiada polo centro de Rianxo, onde vimos as casas dos principais autores e os edificios máis importantes.
Antes de xantar os de Cuntis foron ao museo do mar mentras que os de Rianxo estivemos no parque.
Xantamos na praia onde pasamos un bo rato, finalmente visitamos un petroglifo e volvemos para o instituto.

Paula Cambeses 1ºA
Aitana Alcalde 1ºA
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 21-05-2013 10:25
# Ligazón permanente a este artigo
En torno ás Letras Galegas

Galicia, a nosa terra, o noso lar, tamén é marco de lingua e literatura.
A cultura galega comprende a gastronomía (un caldo, un cocido e unhas boas nécoras e percebes da ría cun bo albariño e un ribeiro), as festas, o deporte e mesmo cancións típicas como mostra dunha sutil sensibilidade presididas polo grito tribal galego “lalaralalaralaa”.
Debemos estar orgullosos de ser galegos, de vivir no espazo que antes ocupaban os poderosos celtas e de cantar coa voz alzada o himno Os Pinos, obra de Eduardo Pondal e musicado por Pascual Veiga.
Pero sobre todo debemos contribuír á nosa tradición e facer que o idioma galego perdure no tempo. Como podemos levar a cabo o noso propósito?
A lectura de libros galegos é unha boa opción, e máis tendo en conta que estamos tan preto do 17 de maio, Día das Letras Galegas.
O Día das Letras Galegas é unha celebración instituída pola Real Academia Galega en 1963 para homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria ou pola defensa da nosa lingua. Cada ano dedícase a unha personalidade diferente.
Comezando en 1963 coa insigne poetisa galega Rosalía de Castro considerada como un persoeiro indispensable no panorama literario do século XIX xunto cos seus compañeiros de oficio Curros Enríquez e Pondal, responsables todas estas figuras, do Rexurdimento Galego, chegamos ao 2013 e a lista continúa como testemuña da gran riqueza na escrita en lingua galega.
Este ano será homenaxeado o polifacético escritor,director e actor de teatro galego Roberto Vidal Bolaño, autor entre outras obras das Actas Escuras que aborda o tema de que os restos encontrados na capital compostelá poden non corresponder ao Apóstolo Santiago.
Pero esta é só unha das innumerables obras do autor compostelán podendo mencionar moitas outras entre as que destacan Laudamuco, Señor de Ningures (1976),Bailadela da morte ditosa (1980),Agasallo de Sombras (1992),Días sen Gloria (1992),Saxo Tenor (1993) Rastros (1998) e O Día que os Chífanos Deixaron de Zoar.
Quédanos dar as grazas a todos os escritores e escritoras galegas que loitaron porque hoxe teñamos unha lingua de prestixio, agradecer a uns rianxeiros que viviron non hai moito tempo ao lado da nosa porta (Castelao, Rafael Dieste e Manuel Antonio) e a outros de un pouquiño máis lonxe como Ramón Cabanillas, Otero Pedrayo, Álvaro Cunqueiro, Eduardo Blanco Amor, Manuel Murguía,María Mariño, Uxío Novoneyra, Valentín Paz Andrade… mais iso non me parece suficiente.
Por iso propoño a todos e todas, mozos/as, nenos /as, adultos/as que non se limiten a observar. Observar, soamente é o primeiro paso antes de actuar. Galegos e galegas, rianxeiros e rianxeiras deben ler, seguirfalanndo e intentar escribir, redactar historias e se é posible contos,facendo que a nosa lingua nunca desapareza da escrita. Nós somos os responsables, capaces de evitar que a nosa lingua non entre máis na escuridade, nós debemos loitar pola súa inmortalidade.

Cristina Cambeses Franco
1º BAC A Nº4
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 08-05-2013 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
TEMOS NOVAS DOS

Este pasado 25 de Abril tivo lugar en Santiago de Compostela (Hotel NH Obradoiro) unha rolda de prensa coa mítica banda ribeirense “Heredeiros da Crus”. Nesta convocatoria os integrantes do grupo ofreceron todos os detalles do seu novo traballo, un disco titulado “Jard Rock con Fe”, no cal estiveron traballando dende hai tempo.
Na chegada ao hotel estiveron respaldados entre os aplausos de case cen fans, soou por primeira vez para oídos do público o single do novo disco, titulado “A duquesa de Poi”, canción na cal contan a verdadeira historia da avoa de Tonhito de Poi. Xunto cos heredeiros, Antonio Novo (Tuchiño), Antonio Ageitos (Tonhito de Poi), Javi Maneiro e Fran Velo (O Jran Fran), chegou tamén Manu Rey (actual batería da banda barbanzana) e Xosé A. Touriñan (produtor executivo do proxecto).
Despois de falar o produtor, o heredeiro Fran Velo rompeu o xeo cos periodistas e fans, falou durante case corenta minutos sobre o novo traballo. Logo do exitoso concerto de Ordes, e da xira sobre os festivais galegos, decidiron gravar un novo álbum. O baixista confesou que “O que queríamos facer era rock&roll, novos temas. Uns xa estaban pensados neste parón de oito anos e outros compuxémolos estes meses”. Fran definiu o disco como “un disco de jard, un disco de rock, e sobre todo, un disco con moita fe; temos fe no disco, temos fe en vós, e temos fe en que vos guste”.
Tonhito de Poi falou do produtor do disco, e tamén da posibilidade de gravar en Boiro, cerca dos veciños. Jard Rock foi gravado entre o estudo Bruar n´A Coruña, e os locais de ensaio da comarca do Barbanza. O guitarrista afirmou que “No fondo o que mola é crear cousas novas, e tocar, e penso que estamos todos aquí por iso. Para unha banda sacar cousas novas é alimento, se tocas sempre o mesmo convérteste nun músico que fai karaoke. Gravar discos é para o que estamos aquí”.
Cando o turno foi de Tucho, falou do concerto de presentación do disco, dixo que o farían na discoteca LP45 de Ordes, confesou que “Facémolo alí porque nos sae mellor. Iso si, seredes menos que o ano pasado, da outra vez estabades enlatados, este ano seredes tres persoas menos”. Afirmou que non faltarán os temas míticos do grupo ademais dos de “Jard Rock”. Este disco chega tamén cun innovador formato de venda, e é que non sairá á venda antes do día da presentación e tampouco se venderán entradas sen disco.
Javi Maneiro declarou que quedara moi contento con este novo traballo porque se escoita moi ben a voz e porque se entende todo. Unhas das palabras textuais foron, “Espero que vos mole, foi moito esforzo por parte de todos: xuntarnos, compoñer, crear, aturarnos… Está o mellor de nós, e a ver que pasa con esta historia.”
O actual batería, Manu Rey, confesou que estaba encantadísimo e que “É un privilexio, estou moi orgulloso deste disco”.
Despois de todas as declaración dos artístas chegou o momento máis esperado polos admiradores, o momento das preguntas. A primeira foi o por que dese título ao traballo. A esta pregunta contestou Tucho, quen admitiu que se lle ocorrera xa había uns anos a través da camiseta do “Hard Rock Café”. A esta aclaración Fran apuntou que o deseño da portada e libreto do disco foi obra de Raio Oplup. Tamén confesaron que as fotos se fixeron na Taberna Siglo de Noia, e que os videos foran cousa de Marcos Martínez.
Outra das preguntas foi referída aos concertos do verán, aseguraron que haberá datas pero que aínda están por confirmar.




Martiño Galbán
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 29-04-2013 17:45
# Ligazón permanente a este artigo
Rosalía sempre viva

Rosalía de Castro está e seguirá a permanecer sempre viva na memoria de todas e todos os galegos.
Son moitas as actividades que nos lembran ou nos achegan á figura desta importante autora. De entre elas queremos agora darvos novas sobre o concurso poético que a Fundación Rosalía de Castro,presidida por Anxo Angueira, vén de convocar, hai uns días.
Deixámosvos a información que a propia fundación expón na súa páxina sobre as categorías do concurso e os premios que se establecen.

As bases establecen tres niveis de participación: 1º ciclo da ESO, 2º ciclo da ESO e Bacharelato. As obras estarán redactadas en galego, o tema e a forma poética son libres e a súa extensión máxima é de 50 versos.

O prazo de admisión de orixinais remata o 17 de maio. En cada categoría hai un premio e dous áccesits: o primeiro premio levará un iPad, o primeiro áccesit unha tarxeta regalo por valor de 200 euros, e o segundo outra por valor de 100 euros.

As bases establecen tres niveis de participación: 1º ciclo da ESO, 2º ciclo da ESO e Bacharelato. As obras estarán redactadas en galego, o tema e a forma poética son libres e a súa extensión máxima é de 50 versos.

O prazo de admisión de orixinais remata o 17 de maio. En cada categoría hai un premio e dous áccesits: o primeiro premio levará un iPad, o primeiro áccesit unha tarxeta regalo por valor de 200 euros, e o segundo outra por valor de 100 euros.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 29-04-2013 12:26
# Ligazón permanente a este artigo
Actividades do ENDL en maio
No mes das Letras galegas, coma todos os anos, homenaxeamos ao autor correspondente, pero tamén a toda a literatura galega e, en xeral, ao mundo das letras. Este ano non vai ser menos.

Ademais de seguirmos coa actividades habitual (a camapaña "Esta é a miña lingua, non a vou perder" e todas as actividades do proxecto Rianxo Fala) tamén organizamos charlas e actuacións con xente que vai acudir ao noso centro.

Comezamos o vindeiro 6 de maio cunha charla da autora italiana Chiara Bertin. Aproeitamos que está estes días en Rianxo na Residencia de escritores do colectivo rianxeiro Axóuxere para que veña ao centro o luns ás 17,10 para falar da súa obra a un grupo de 3º ESO. A continuación (18,15) vai desenvolver un obradoiro de escrita creativa ao que está convidada calquera persoa de dentro ou fóra da comunidade educativa.

O seguinte luns 13 imos contar co poeta galego Miro Villar que nos vai falar de poesía actual ao tempo que presenta a súa propia poesía
Por último, o vindeiro xoves 16 teremos ao actor noiés Serafín Marcos que, un ano máis, fará unha performance sobre o autor homenaxeado.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 25-04-2013 15:36
# Ligazón permanente a este artigo
Sobre a presenza das grafías "ñ" e "ll"
Antigos documentos de Baiona demostran que o uso do “ñ” e do “ll” na lingua galega se remonta á Idade Media.



O especialista Xulián Maure Rivas probou que citados grafos son patrimonio da escrita galega dende tempos tan remotos coma o son a Idade Media. Así pois, queda demostrado que o ñ e o ll non son meros grafos denotantes da represión lingüística padecida en Galicia trala chegada dos Reis Católicos, senón que xa tiñan presenza na escrita algún que outro ano antes.



Podemos observar as pescudas de Maure no traballo “Escrituras de vendas inmobilidarias en Baiona nos séculos XIII e XIV”, e que nos coloca no centro dunha polémica vixente sobre a galeguidade destes grafos, discutida tanto en artigos e blogs coma en foros e institucións prestixiosas.



Extendéndonos un pouco máis no tema, e resumindo as palabras do especialista, podemos dicir que nos atopamos diante das escrituras de vendas inmobiliarias máis antigas conservadas de Baiona de Miñor, e que conteñen unha proba de que as letras ñ e ll xa se empregaban en Galicia antes de que o rei de Portugal D. Denis (1279-1325) impulsase definitivamente a oficialización do portugués, consagrando o uso dos dígrafos nh e lh e que o seu antecesor Alfonso III (1248-1279) importara do sistema gráfico provenzal para a chancelaría de Lisboa.



Realmente, dá gusto ver coma cun pouco de esforzo e traballo se destapan buracos históricos que nos enriquecen tanto cultural como intelectualmente. Agardamos con impaciencia máis descubrimentos desta índole, e que se fomente o interese no galego para beneficio de toda a sociedade.


Pedro Tubío. 2º bac
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 24-04-2013 10:25
# Ligazón permanente a este artigo
IES FELIX MURIEL
Intento recordar,
Eses momentos esquecidos,
Sen querer...

Fago o que podo,
Espero con ansia,
Longo tempo,
Intentando recordar
Xa, aqueles tempos.

Moitos desvaríos da memoria,
Unicamente indican o paso do tempo,
Revolvendo nos recordos,
Intentando ordenalos,
E buscando aqueles tempos,
Lonxanos e afastados.

Aida Barros 1ºA ESO
e ti que opinas? (1) - Categoría: Cousas - Publicado o 15-04-2013 12:24
# Ligazón permanente a este artigo
Imos de... Verbenas galegas!


Verbena galega é un proxecto de Culturactiva SCG mediante a cal se procura unha clara intención de galeguizar as verbenas e festividades galegas, sendo en si unha revisión do concepto de “verbena”, buscando unha actualización do mesmo. Consiste en xuntar a un grupo de música tradicional, outro de pachanga e un DJ para os máis novos.
Grupos coñecidos como Pandeiromus, A Compañía do Ruído ou O Sonoro Maxín forman parte da listaxe de convocados. Un total de cinco horas de festa co punto común do idioma galego e da esencia da festa tradicional e moderna ao mesmo tempo.



Esta é unha proposta pensada para público familiar que de seguro animará calquera festa en Galicia que queira diferenciarse das demais.



Pedro Tubío. 2º bac B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 12-04-2013 11:44
# Ligazón permanente a este artigo
Ñ e LL?
Antigos documentos de Baiona parece que demostran que o uso do “ñ” e do “ll” na lingua galega se remonta á Idade Media.

O especialista Xulián Maure Rivas probou que citados grafos son patrimonio da escrita galega dende tempos tan remotos coma o son a Idade Media. Así pois, queda demostrado que o ñ e o ll non son meros grafos denotantes da represión lingüística padecida en Galicia trala chegada dos Reis Católicos, senón que xa tiñan presenza na escrita algún que outro ano antes.

Podemos observar as pescudas de Maure no traballo “Escrituras de vendas inmobilidarias en Baiona nos séculos XIII e XIV”, e que nos coloca no centro dunha polémica vixente sobre a galeguidade destes grafos, discutida tanto en artigos e blogs coma en foros e institucións prestixiosas.



Extendéndonos un pouco máis no tema, e resumindo as palabras do especialista, podemos dicir que nos atopamos diante das escrituras de vendas inmobiliarias máis antigas conservadas de Baiona de Miñor, e que conteñen unha proba de que as letras ñ e ll xa se empregaban en Galicia antes de que o rei de Portugal D. Denis (1279-1325) impulsase definitivamente a oficialización do portugués, consagrando o uso dos dígrafos nh e lh e que o seu antecesor Alfonso III (1248-1279) importara do sistema gráfico provenzal para a chancelaría de Lisboa.

Realmente, dá gusto ver coma cun pouco de esforzo e traballo se destapan buracos históricos que nos enriquecen tanto cultural como intelectualmente. Agardamos con impaciencia máis descubrimentos desta índole, e que se fomente o interese no galego para beneficio de toda a sociedade.

PARA MÁIS INFORMACIÓN, PINCHA AQUÍ:VALMINOR


Pedro Tubío. 2º Bac
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 11-04-2013 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
Co testo ben enchido
-A onde vas rapariga,
co testo na cabeza?
Descalciña polo camiño,
e levando tanta présa?

-Vou leva-lo testo,
levalo pra miña nai,
que mo encha da recolleita,
que teño que traballar.

-Traballar ti,
fermosa meniña?
Como vai traballar,
cousa tan bonitiña?

-Pois traballamdo,
como os demais,
que por serche bonitiña,
non me vou parar.

-Andiá ca rapaza,
serás riquiña,
pero co xenio,
vaia meniña!

-Poi sonche así,
unha rapariga,
que traballa coma outras,
ás duras e descalciña.

E alá se foi a nena,
encher ben o testo,
e quedouse o bo homiño,
cravado no carreiro.


Aida Barros 1ºA
e ti que opinas? (2) - Categoría: Cousas - Publicado o 09-04-2013 10:16
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego