O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Pavo recheo
Segumos cuha receita tipica do Nadal,eu escillin para vos a receita do pavo recheo.

Ingredientes: pavo, xamón, magro de porco picado, tenreira picada, touciño de xamón picado, manteiga de porco, un ovo, unha copiña de coñac, noz moscada, sal e pementa. Como guarnición pódense xuntar: ceboliñas, cenoria, manteiga, azucre e caldo.

Preparación da guarnición pasa por pelar as cenorias, redondear os seus cantos e cocelas en auga con sal durante dez minutos. A continuación escorréganse e colócanse xunto coas ceboliñas peladas nun recipiente con manteiga para dourar. Logo engádeselle o cubiño de caldo disolto en auga quente, o azucre e un pouquiño de sal, e déixanse cocer de novo destapadas ata que estean tenras e o caldo se consuma.
O pavo, logo de limpalo e aderezalo con coñac, con sal, pementa e noz moscada. O magro, a tenreira e o touciño mestúranse coas mazás raiadas e o ovo co que se enche o pavo que, logo, se cose, se ata e se adereza untándoo tamén coa manteiga. Asar no forno a lume moderado e mollándoo a miúdo co seu xugo ata conseguir que estea tenro e logre unha cor dourada (pódense calcular uns 50 minutos por cada quilo de pavo).
Arantxa 2ºESO D
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 18-12-2014 12:02
# Ligazón permanente a este artigo
Compota de mazá con canela
Ingredentes:
Para catro persoas

12 mazás do país medinas
1/2 kg de azucre
1/4 l de viño branco ribeiro (opcional).
1/2 l de auga
1 rama de canela

PREPARACIÓN
Limpamos e estonamos as mazás, cortándoas logo en cuarteiróns nunha pota para ia ao lume. Engadimoslle o viño e a auga, xuntamente co azucre e a rama de canela.
Poñemos a cocer todos os ingredientes e deixámoslos facer ata que reduzan o líquido e conseguir a densidade desexada.
Podemos servir a nosa compota moi quente ou morna segundo o noso gusto.




Alex Miguéns Martínez 2ºA
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 18-12-2014 11:07
# Ligazón permanente a este artigo
TRONCO DE NADAL
Ingredientes:

150 gramos de fariña.
190 gramos de azucre.
4 claras de ovo.
1 culleirada de azucre avainillado
150 gramos de manteiga.
350 gramos de puré de castaña.
2 culleiradas de ron.
2 culleiradas de cacao amargo.
300 gramos de chocolate fondant.
sal.
100 gramos de azucre glass.
froitas escarchadas para decorar.

PREPARACIÓN.

1-. Batemos 4 xemas de ovo con 150 gr de azucre ata que quede cremoso.
Engadimos despois o azucre avainillado, e derretemos 50 gr de manteiga.
Engadimos fariña e 40 gr de manteiga derretida. Batemos as claras de ovo a punto de neve e engadimos un pouquiño de sal á mestura.

2-. Vertemos a masa sobre unha fonte de forno forrada con papel de cociña.
Nivelámola e formamos un rectángulo. Prequentamos ó forno a 220 grados e cocemos masa durante uns 10 minutos. Humedecemos un pan de cociña limpo, colocámolo sobre a mesa da cociña e botamos enriba o biscoito, quitando o papel con coidado.

3-. Eliminamos o papel, e enrolamos o biscoito con axuda do pano formando un cilindro. Poñemos o rolo no frigorífico durante unha hora. Preparamos unha crema cunha xema de ovo, 50 gramos de manteiga mol, o resto do azucre, o ron, o cacao en po e o pùré de castañas. Sacmamos o rolo de biscoito do frigorífico, desenrolámolo e untamolo coa crema. Enrolamos de novo o biscoito e poñémolo no conxelador durante unha hora.

4-. Derretemos o chocolate en anacos ao baño María e unha vez arrefriado cubrimos o rolo de biscoito. Debuxamos cun garfo, a cortiza do tronco. Metémolo no frigorífico durante un mínimo de 2 horas. Por último adornamos o tronco con anacos de froitas escarchadas.



Ricardo Mosquera García 1ºESO B
Ismael Ordoñez Figueiro 1ºESO B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 04-12-2014 12:28
# Ligazón permanente a este artigo
Roscón de Reis
Achégase o Nadal e comezamos a activar a sección de "Da xouba á sardiña: a nosa cociña" con receitas referidas ao Nadal.

Como o roscón é algo complicado poñémolo de primeiro para que vos dea tempo a todos/as a practicar. Sorte!

Ingredientes: fariña, manteiga, azucre, leite, lévedo prensado, ovos, sal, auga de flores de azar e froitas cristalizado.

Preparación:
colócase fariña peneirada, leite, lévedo prensado e sal en
bol onde se elabora manualmente unha masa que logo se traslada a outro recipiente redondo que se cobre con papel de aluminio e se introduce no forno a 40 ó 50º durante hora e media, aproximadamente. Coa fariña peneirada restante mais o azucre, a manteiga branda, a auga de flores de azar e os ovos faise outra masa que se debe traballar ata conseguir que quede fina e correosa , e que se mesturará coa masa de lévedo que estivera no forno. A masa resultante ponse nun recipiente grande que se volve a cubrir con papel de aluminio e se introduce no forno a 40º durante outra hora, xa que o volume do doce deberá aumentar o dobre, pero evitando que a masa se cuartee por efectos da calor. Posteriormente, na bola de masa faise un burato central dándolle unha forma tradicional de anel e incrustando o “regalo-sorpresa”, para logo pintar a superficie con ovo batido. Finalmente colócase azucre groso en catro puntos con améndoas trituradas e distintas froitas cristalizado como adorno, e déixase repousar media hora nun lugar suave mentres se quenta o forno a 200º durante 10 minutos para logo introducir nel a bandexa co roscón durante quince minutos en que se baixa a temperatura a 175º e se cociña durante outros 15 minutos. Cando o roscón suba no forno, nos últimos minutos, e para evitar que se queime, pódese cubrir con papel de aluminio.

Arancha (2º ESO)(receita inspirada na que aparece na web galiciadigital)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 27-11-2014 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
Pudin
Pudín
Ingredientes:

-Unha barra de pan reseso
-Medio litro de leite
-Uvas pasas
-Unha rama de canela
-Unha de vainilla
-Tona de laranxa
-8 ovos
-Caramelo

Preparación:

-Córtase o pan en cachos pequenos
-Quítaselle a tona á laranxa
-Nunha tarteIra grande ponse o leite,a canela,a pel da nlranxa,a rama de vainilla,a rama de canela e o azucre
-Ponse a quencer o leite da pota xunto cos restantes ingredientes e antes de que chegue a ferver retírase do lume e engádeselle o pan
-Déixase repousar 30 min.
-Logo bótanse os ovos e mesturamos todo moi ben.
-A continuación vertemos isto extendéndoo moi ben nun molde que poida ir ao baño María.
-Quéntase o forno previamente a 220 grados
-Dentro colócase un recipiente apto para baño Maria que sea o suficientemente grande para que dentro do noso molde coa mestura anterior.
-Introdúcese a mestura xa, por fin, no forno e déixase cocer durante 40 min.
-Pasado este tempo compróbase cun pauciño se xa está.IMPORTANTE se o pauciño sae limpio é que xa está e se sae húmido é que aínda lle falta un pouco.
-Cando estea completamente frío desmóntase e sérvese a temperatura ambiente.

Bon proveito.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 17-02-2014 12:55
# Ligazón permanente a este artigo
ORELLAS DE ENTROIDO
ORELLAS DO ENTROIDO

-RECEITA DE ORELLAS


-INGREDIENTES
-500 gr. de fariña de trigo
- Tres ovos
-50gr. de margarina ou manteiga.
-50ml. de anís
-Un sobre de lévedo
-Reladuras de limón
-Aceite de xirasol
-Azucre

MODO DE PREPARALAS

1º-Lavamos moi ben o limón e relámolo.
Reservámolo nun prato.

2º- Nun recipiente fondo botamos a fariña, o lévedo, a manteiga, os ovos, o anís e as reladuras do limón.
Amasamos todo xunto coas mans ata que quede unha masa que non se nos pegue ós dedos. Deixamos repousar unha media hora.

3º- Na mesa de traballo ben limpa e no rolo de cociña espallamos fariña. Logo collemos a masa e partímola en dúas (para que sexa máis fácil traballar). Collemos un dos
anacos e co rolo estiramos ata que quede unha masa moi
fina.
4º- Cortamos a masa e se queremos dámoslle a forma de orellas. Reservamos. Preparamos o outro anaco de masa.

5º-Nunha tixola con bastante aceite imos fritindo as orellas. Coa axuda dun garfo dámoslle a volta. Cando estean douradas polos dous lados sacámolas e colocámolas nun prato con papel absorbente. A continuación esparexemos as orellas con azucre ó gusto.
Bo proveito

TOFIK SANTIAGO GARRIDO (1ºC)
e ti que opinas? (1) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 04-02-2014 13:57
# Ligazón permanente a este artigo
Níscalos
Ingredientes
-Perexil
-Allos
-Níscalos
-Viño branco
-Aceite de oliva

Elaboración

1. Colócanse os níscalos nunha fonte de xeito que queden estendidos.
2. Pícanse os allos e o perexil a gusto, máis en cantidade tirando a abundante, moi finos e bótanse por riba das setas.
3 .Ponse unha tixola ao lume e engádense dúas culleradas ou tres de aceite de oliva.
4. Introdúcense as setas na tixola cando estea ben quente e cando se fagan por un lado dáselle a volta.
5. Cando o allo se doure, engadiremos o viño branco e deixaremos a tixola ao lume mentres se evapora.
6. Emprátase e.... Listo!

Marta Lorenzo 4A
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 14-11-2012 11:57
# Ligazón permanente a este artigo
Flan de Iogur
Ingredientes:
- 2 iogures
- 2 ovos
- 2 culleradas sopeiras de azucre
- caramelo líquido

Elaboración:
1- Bater os ovos nun recipiente co iogur e o azucre
2- Sepárase a mestura en recipientes individuais verténdoo sobre un chisco de caramelo líquido.
3- Métense no forno a temperatura media para que colla consistencia de flan. Déixase enfriar...E listo para comer!


Marta Lorenzo 4ºA
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 06-11-2012 20:59
# Ligazón permanente a este artigo
Palmeiriñas de chocolate
Ingredientes:
-Masa de milfollas
-Chocolate para fundir
-Azucre

Elaboración:
-Estírase a masa de milfollas
-Engádeselle bastante azucre por riba
-Aplástase co rolo para que penetre ben na masa
-Dobramos a masa á metade
-Volvemos dobrar a masa á metade no outro sentido.
-Recortas en forma de palmeira os cachos de masa.
-Métense no forno a 200ºC ata que se douren.
-Unha vez sacadas do forno bótaselle o chocolate previamente derretido.

Marta Lorenzo 4ºesoA
e ti que opinas? (1) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 30-10-2012 20:02
# Ligazón permanente a este artigo
Xurelos ao forno
XURELOS AO FORNO
Ingredientes:
- 2 Xurelos grandes
- 1 pemento vermello
- 1 cebola
- 2 dentes de allo
- ½ vaso de viño branco
- Aceite de oliva
- Patacas
- 1 limón
- Perexil fresco
- Sal
Elaboración:
1- Córtase o pemento e mais a cebola en xuliana.
2- Ponse unha tixola ao lume, de xeito que lle engadamos un pouco de aceite de oliva para que se vaia quentando.
3- A continuación, engadimos o pemento, a cebola e o allo enteiro a fritir ata que se douren para, posteriormente botarlle o viño branco.
4- Realizados estes pasos deixamos a tixola a lume medio uns 5 minutiños.
5- Cando estea listo sacámolo do lume e poñemos outra tixola cun pouco de aceite a quentar para fritir as patacas.
6- Unha vez que as patacas estean listas apartaranse a un prato.
7- Collemos os xurelos e dámoslle dous ou tres cortes no lombo.
8- Collemos unha fonte para o forno ou unha empanadeira, e poñémoslle as patacas de cama.
9- Encima destas poñemos os xurelos, aos que lle meteremos un toro de limón nos cortes que lle fixemos.
10- Tras colocar o peixe engadimos o rustrido de cebola, pemento e allo por enriba.
11- Pónselle un pouco de perexil fresco por riba dos xurelos.
12- O último paso será poñer o forno a 180ºC e deixar que se cociñe durante 30 minutos.
13- Sácase do forno e... Listo para comer!

Marta Lorenzo 4ºA
e ti que opinas? (3) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 23-10-2012 18:11
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego