O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Carlos Casares
Como xa sabedes este ano, as Letras Galegas fóron adicadas a Carlos Casares. Esta semana, dentro dos actos que o instituto organiza para esta festividade asistiu o seu fillo Hakam a quen lle agradezo a súa visita. El contounos algo da súa vida de seu pai, e tamén algunhas historias sobre el.

Se queres saber mais entra na nosa revista.

Gabriel Figueira Núñez.
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 24-05-2017 10:25
# Ligazón permanente a este artigo
21 de marzo.
O día 21 de marzo celébrouse o día da poesía.
Para conmemorar esta data no instituto colgáronse folios con versos escollidos nos cales se podían pegar "posits" para adicarllos a algunha persoa.
O meu favorito foi:
aind t levo n pel.


Gabriel Figueira Núñez.
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 05-04-2016 10:20
# Ligazón permanente a este artigo
Meteogalicia

O outro día os de 3º de E.S.O, fomos de escursión a "Meteogalicia". Alí apredemos moitas cousas como por exemplo o que fai unha estación meteorolóxica ,por que a hai que pintar de branco ( protexe aos elementos que miden a presión, a choiva ... para que non haxa variacións) e tamén o que fan os diferentes ventos que veñen a Rianxo.
Despois fomos a un museo algo especial. Tiña uns xogos aos que xogábamos, e estaban en portugués.
Resumindo estivo moi ben.

Páxina web: http://www.meteogalicia.es/web/index.action
Gabriel Figueira Núñez.
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 26-11-2015 10:32
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de radio

A semana pasada foi a primeira sesión dun obradoiro de radio de dous días de duración.
Unha xornalista licenciada ensinounos as técnicas necesarias para a creación dun programa de radio. Hoxe tócanos repetir coa última sesión do curso na que poñeremos en práctica os contidos aprendidos na anterior.
Esperamos pasar un bo rato!
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 18-11-2015 12:25
# Ligazón permanente a este artigo
Carlos Salgado e o Bosón de higgs no noso IES
O pasado mes de novembro estivo connosco Carlos Salgado, que se definiu como físico teórico e deunos unha charla titulada "A Europa dos bosóns".
Falounos do descubrimento do bosón de Higgs que foi unha gran anécdota, dos tipos de bosóns e de como están formadas as partículas, de que está formado o universo e que se espera que en 20 ou 25 anos se descubra algo máis da materia escura. Da enerxía escura seica non se sabe nada e que o total do universo que coñecemos é unha parte moi pequena.
Deixámosvos un vídeo que presenta a actividade, mais a charla de Carlos Salgado está enteira na revista.
Julián Moares (2º Bac. A)



e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 12-12-2013 00:00
# Ligazón permanente a este artigo
Traballando con Roberto Vidal Bolaño
Estivemos facendo uns sombreiros como o chapeu que levaba Roberto Vidal Bolaño. Si, coma o que leva neste cartel que tamén lle adicamos. En cada un deles escribiamos o título dunha das súas obras e poñiamoslle un pequeno resumo. Atópanse na entrada do edificio principal, esperamos que vos gusten. E se non os víchedes aínda, xa vai sendo hora de irdes botarlles unha ollada.
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 04-06-2013 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO DE LECTURA TEATRAL
Estamos organizando un concurso de lectura polas letras galegas, dedicadas este ano a Roberto Vidal Bolaño (dramaturgo galego). Podedes participar individuais ou en grupo. As lecturas celebraranse desde o 27 e o 31 de maio na biblioteca. Os textos repartiranse no local do equipo de normalización. Veña, animádevos! Haberá premios!
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 24-05-2013 12:18
# Ligazón permanente a este artigo
Miro Villar visita hoxe o instituto
Hoxe ás 16:20 da tarde visitará o noso IES o poeta Miro Villar a charla durará aproximadamente unha hora,nela Miro presentaranos os seus poemas e falaranos da súa poesía que xa estivemos traballando esta semana.

Os meus zapatos
Aqueles meus zapatos que noutrora
foran lustrosos, húmidos un día
de tanto andaren sós, sen alegría,
amolecendo bóchegas cadora,
aqueles meus zapatos, na aurora
mollados de amargor, da dor máis fría,
e gastados de insán melancolía,
xa son zapatos novos arestora,
deron en recobrar o brillo antigo
ao queceren no lume permanente
das mans pequenas, fráxiles, inmensas,
poderosas no amor, no seu abrigo,
aqueles meus zapatos, de repente,
descubriron as cousas más intensas.
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 13-05-2013 11:37
# Ligazón permanente a este artigo
ESTA É A MIÑA LINGUA. NON A VOU PERDER


Durante o presente trimestre estivemos preparando diversos proxectos, un deles é unha campaña de reflexión sobre a nosa lingua propia.

Levamos un tempo preparando unhas pancartas e unhas letras para poñer nas paredes, feitas con imaxes de linguas, que di “Esta é a miña lingua non a vou perder”. Para nós esta frase significa:

Que non debemos esquecer o galego, que é a nosa lingua, non podemos deixala desaparecer.

Que pensamos que non hai unha lingua igual, e debemola conservar.

Que é a nosa lingua, que foi a dos nosos antepasados, e queremos que sexa a das vindeiras xeracións.

Que o galego era a chave para comunicarnos, a nosa chave e nós somos a pechadora.

Para nós o que significa esta peculiar frase é que sen a nosa lingua, o galego, deixariamos de ser nós mesmos.
Que se desaparece, desapareceremos nós mesmos, non seríamos Galegos, entón que seríamos?

O galego é o que nos define, unha parte fundamental da nosa cultura e vida.

É coma unha persoa, da gran familia que os galegos formamos.

Sen el Galicia quedaría muda, a súa voz sería o silencio.

Galicia é Galicia polo galego; sen galego, non é Galicia.

Seriamos como unha lámpada sen luz, e quedariamos na penumbra.

Así que, pase o que pase non esqueceremos o galego porque é unha parte de nós.
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 15-04-2013 12:18
# Ligazón permanente a este artigo
Próximo Intercambio Rianxo-Cuntis
Ola, o alumnado do EDNL quere compartir con todos os lectores deste blog,A organizaión dun intercambio cun instituto de Cuntis. Para esta actividade tivemos que redactar unhas cartas de presentación, para os compañeiros cos que imos a facer o intercambio.
O vindeiro paso é poñernos en contacto por medio das diferentes redes sociais. Esta actividade é unha das máis esperadas xa que nos permite aumentar o noso número de amizades.

Aquí tendes o vídeo que fixeron eles para presentar o seu centro:


e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 01-03-2013 12:29
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego