ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Un dos escritores defensores do galego
No xornal Galicia Hoxe lin que Tucho Calvo, venezolano de pais galegos, escritor de multiples libros en galego e director de varias revistas, deu a súa opinión sobre o estado ou situación da lingua galega.
Cando voltou de Venezuela entrou en contacto con xente culta que defendía o uso do galego, como os seus veciños ou un dos seus profesores da universidade. Grazas a estas persoas animouse aínda con máis interese a escribir no noso idioma.
Eu comparto a súa opinión sobre o galego. Segundo Tucho Calvo, o galego tivo mellores e peores etapas, pero por fin acadou un status académico e cultural que era impensable.
Na súa declaración tamén fai fincapé na discriminación que sofre o galego na conciencia dos propios galegos, cando o galego é sobre todo unha marca de personalidade.
En conclusión, Tucho Calvo é un escritor que defende o galego e está disposto axudar o idioma para que siga mellorando.


Bárbara Alcalde Somoza
2ªBach.C
Para máis información sobre a entrevista, visitar:
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 07-04-2011 12:32
# Ligazón permanente a este artigo
Iniciativas para acabar cos prexuízos do galego.
Cada vez xorden máis iniciativas que axudan a avanzar na normalización da lingua galega; iniciativas como a impulsada pola Coordinadora Galega de ENDL coa que se abre un espazo que pretende darlle forma a esta idea co obxetivo de ir xestando pouco a pouco e enchendo contidos a favor da lingua. De momento, compílanse algúns recursos e experiencias que teñen que ver con esta temática como vídeos que revelan a situación da nosa lingua nos galegofalantes e á súa vez nos castelanfalantes e materiais que irán aumentando a medida que se vaia difundindo esta nova.
Estas novas iniciativas xorden co único obxetivo de acabar cos prexuízos xerados na nosa lingua.
Os prexuízos defínense como xuízos de valor sen base suficiente emitidos sobre unha lingua ou sobre os falantes dela co propósito de provocar o seu rexeitamento. Deste xeito os prexuízos desenvolven actitudes discriminatorias cara a lingua.
Persoalmente estou a favor de iniciativas como estas posto que fan pensar sobre a situación do galego e a visión que os non galegofalantes teñen cara a esta lingua. Ademais, aínda que parece que os prexuízos para con o galego se foron reducindo hai que ter en conta que varios estudos recentes constatan unha presenza importante destes entre a xente nova, algo que se pode ir solucionando pouco a pouco grazas a ideas como esta.
Os prexuízos son numerosos e variados. Algúns están relacionados coa suposta falta de utilidade, coa idea de que o galego nos illa do exterior ou que non xera riqueza. Estas ideas carecen de sentido posto que, en primeiro lugar, na Idade Media o galego foi a única lingua de Galiza, acadando a maior proxección exterior da súa historia, e en segundo lugar, a lingua propia, neste caso o galego, será sempre unha fonte de riqueza e progreso para aqueles países que a posúen e que a saben pór en valor.
Outro dos prexuízos importantes é que o galego é considerado como lingua rural, outra idea sen sentido posto que o uso do galego nos ámbitos urbanos e innovadores é tamén relevante.
En conclusión, xa conseguimos avanzar a favor da lingua pero aínda non é suficiente posto que os prexuízos aínda son existentes, polo que isto se pode ir arranxando pouco a pouco con iniciativas como esta, xeradas por equipos de normalización e dinamización lingüística.
No adhesivo da dereita podemos ver a imaxe desta campaña, na que se recolle a reflexión sobre un dos prexuízos máis presentes cara á nosa lingua. O seu debuxante é Fran Bueno, primeiro autor en galego en traballar profesionalmente no sector comercial do cómic estadounidense e ao que se lle poden atribuír traballos como “Totem”, “Frente Comixario” etc.


Cristina P. 2ºbach.


Información sobre a campaña
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 05-04-2011 10:34
# Ligazón permanente a este artigo
Novas escolas infantís!
A asociación Galiza co Galego quere poñer en marcha unha rede de escolas infatís privadas, nas cales se garanta o uso da galego.
Como se explica en “http://limiargalego.blogspot.com” estas serán universais, é dicir, estarán ao servizo do Pobo Galego.
Dende o meu punto de vista esta iniciativa terá bastante éxito debiddo a que é unha gran idea. Xa que hai escolas totalmente en castelán porque non totalmente en galego?
A miña suxerencia para este proxecto é que non só se dean clases teóricas senón que se practiquen xogos ou actividades relacionadas co galego e co seu futuro.

Lara 2ºBach C
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 05-04-2011 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
O galego en todas partes
Veño de ler unha das noticias máis interesantes que lin ata agora, resulta que a plataforma GalegoLab (plataforma dedicada a promover o galego dos xeitos máis innovadores e nos espazos onde máis se precisa), está a intentar poñer en marcha varios proxectos, o que máis me sorprendeu foi a tradución de Twitter ao galego. Xa acadou todos os recursos necesarios e só lle falta o visto bo da rede social para engadir novas linguas ás que xa ten.
Tamén ten outros proxectos nos que están traballando e todos moi interesantes e necesarios:

Galegogym co que se pretende que en todos os ximnasios españois se deixe de sintonizar os 40 latino e se harmonice a clase con música galega.

A Guía Branca que pretende difundir os lugares nos que se utiliza a nosa lingua. Estará a información tanto nunha web coma en papel.

Fútbol en galego, esta iniciativa quere afianzar a lingua nun dos deportes onde máis brilla pola ausencia.

Para poñer en marchas estas iniciativas precisan algunha persoa que deseñe un cartaz publicitario, xente que enviei información sobre locais públicos onde atendan á xente en galego, persoas que repartan folletos…

Penso que todas estas iniciativas que se queren poñer en marcha son necesarias. Nunca me fixara no simple feito da música que se poñen nos ximnasios e lugares públicos e agora que me dou conta, decátome de que nunca hai un emisora galega sintonizada.


Virginia 2º Bach.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 04-04-2011 21:59
# Ligazón permanente a este artigo
A aposta polo topónimo de La Coruña
Ao candidato popular á alcaldía da Coruña, CarlosNegreira,presentáronselle problemas ao tentar que a web da sua campaña se chamase lacoruñaquiere.com. Si, "La Coruña" con "L", toponimo que non é oficial e nen sequera legal.
Este político do PP incluso tiña feitos os carteis electorais de precampaña con esta web, carteis que hai uns días mudaron a web por outra: coruñaquiere.com. Os achegados a Negreira afirman que con este cambio non se debe a motivos ligüísticos, simplemente que a web lacoruñaquiere.com, xa estaba rexistrada. Pero por outra banda, hai quen di o contrario, pois o candidato á alcaldia apostou por utilizar este topónimo para a súa campaña, co fin de atraer aos votantes indecisos que non están a favor da normalización pola que está a pasar o noso idioma.
Non vou entrar en se o cambio do dominio da súa web teríaa como fin ou non disuadir polémicas, o certo é que este político está optando por un topónimo que non existe e que non deixa en bo lugar aos que apoian o verdadeiro nome da cidade herculina: A Coruña.

Celeste Campaña 2ºBach. C
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 03-04-2011 08:46
# Ligazón permanente a este artigo
A lingua que queremos... Participa no Foro de lingua de Achegarte
Nun artigo que lin hoxe, falabase da feira cultural, Achegarte, que terá lugar os días 2 e 3 de abril. É de agrado que se celebre unha feira na cal se recollen ideas propias da xente da rúa, que fala o galego. Desta maneira, non só fan participar ás persoas interesadas na feira dunha forma moito máis directa, senón que ademais deste xeito motivan enormemente á xente para que se anime a ir á feira cultural e pasalo ben. Paréceme moi atractiva a idea de que haxa concertos, espectáculos, exposicións, venda de produtos, etc. xa que é un gran recurso para atraer xente de todo tipo, dende rapaces ata xente de avanzada idade. Sobre todo, gustoume a idea de que haxa un foro sobre o estado da cultura e outro do idioma. A maiores de todo isto, o espazo que abriron na rede para poder comentar e detectar problemas e propoñer solucións, dende o meu punto de vista, é unha gran idea. Así, todos podemos opinar e dende a organización xuntan estas propostas con outras e publícanas e difúndenas. Considero que a idea de que participemos nun documento representativo e de utilidade axuda a que a xente se solte máis a falar o galego.

Alba Moares
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 30-03-2011 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
Unha nai négase a que o seu fillo aprenda o galego.
Nunha noticia atopada na edición dixital do Xornal de Galicia fálase sobre a denuncia que fai unha nai ante a suposta discriminación que sofre o seu fillo no colexio por non poder usar os libros de texto en castelán, nunha materia que debe impartirse obrigatoriamente en galego,segundo o actual Decreto e mais segundo os anteriores, porque Coñecemento do medio, debe darse en galego desde o 1995.
Esta nai, contando co apoio de Gloria Lago, presidenta de Galicia Bilingüe, presentou cinco escritos ante o centro e a Inspeción Educativa e solicitou ao conselleiro de Educación que lle propoña unha solución.
Pola súa banda, a docente do pequeno négase a impartir as clases mentres este non teña libro de texto en galego, tal e como está fixado polo Decreto do plurilingüismo. Hai que citar que, tal e como dita o devandito Decreto, os materiais e libros de texto de cada materia deben estar redactados na lingua na que se imparta esta, e casualmente, a lingua na que lei di que se lle impartan as clases a este neno é o galego. Isto fai que careza de sentido a denuncia desta nai.
A nai mesmo ameazou con presentar un recurso para que sexa un xuíz quen diga se con esta lexislación vixente se pode impedir que un neno utilice o libro de texto en castelán. Pola súa banda, Gloria Lago recrimina o consentimento da Consellería cara o que ela chama “incumprimento do decreto”.
Persoalmente, creo que o uso do galego nas aulas non significa ningún problema senón que todo o contrario posto que o galego, como lingua nosa que é, debe ser utilizado no ámbito do ensino para así conseguir que os nenos poidan aprendelo, xa que se non lles damos a oportunidade aos cativos de aprender o galego, este irá diminuíndo o número de falantes pouco a pouco.
A señora Lago tamén denunciou que a Xunta omite a vixilancia do cumprimento do decreto do plurilingüismo na ensinanza e prohibe aos alumnos usar os libros e facer os exames no idioma da súa elección. Para comprender esta situación hai que dicir que no ano 2007 instaurouse o Decreto no que se facía dar como mínimo o 50% das materias escolares en galego, sendo este abolido no 2010 e orixinando un retroceso da presenza da lingua no ensino. No decreto que temos agora en vigor imponse un máximo de materias a impartir en galego, por primeira vez na historia, xa que se lle poñen impedimentos ao avance normalizador do galego.
Penso que o galego tería que ser a lingua máis utilizada no ensino, aínda que este decreto non sexa o axeitado para lograr isto posto que este abole ao do ano 2007, o cal presentaba mais vantaxes para a nosa lingua, que é a primeira que ten que contar co noso apoio xa que hoxe en día segue a ser unha lingua minorizada.

En conclusión, aos cativos habería que impartirlles as clases en galego xa que é a nosa lingua e é a que debemos aprender de primeira en todos os ámbitos, sendo a ensinanza unha moi boa opción para que o galego non acabe por desaparecer.
Na foto da dereita atopamos a Gloria Lago xunto coa nai do neno.

Cristina P. (2º Bac. C)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 29-03-2011 11:00
# Ligazón permanente a este artigo
Aloumiños para todos
Acabo de atopar unha noticia no xornal galiciahoxe.com na cal se informa sobre unha nova iniciativa impulsada polo Departamento de Política Lingüística da Xunta. O Cartafol dos axóuxeres ten como principal obxetivo introducir o galego na comunicación familiar e asegurar a súa transmisión de pais a fillos.
Trátase dun maletín con recursos didácticos e divulgativos co que se pretende incorporar o galego de forma afectiva. Este seralles otorgado ás mulleres embarazadas a través das matronas do centro de saúde.
Segundo Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Política Lingüística, este plan trata de proporcionar materiais que favorezan a transmisión familiar do galego enmarcado nos obxectivos do Plan Xeral de Normalización. Este tamén citou que o galego ten un uso baixo na mocidade pero, ao parecer, non vai a peor.
Persoalmente defendo esta nova iniciativa posto que teño a certeza de que isto mellorará a actitude receptiva da xuventude respecto ao idioma, mellorando así tamén, os indicadores do uso do galego. A ver se, así, desta forma e xunto con novas iniciativas, a nosa lingua irá acadando máis falantes garantizando así o seu futuro.

Cristina P.



e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 29-03-2011 10:19
# Ligazón permanente a este artigo
O galego é rexeitado no Congreso dos deputados
Francisco Jorquera, deputado do BNG, foi un dos poucos que votou a favor da lei que permitía o uso do catalán, galego e éuscaro no Congreso. Esta lei foi rexeitada por PP, PSOE, UPyD e UPN.
Segundo Jorquera aínda hoxe en día vese o castelán como a lingua que deben falar todos os cidadáns do Estado e o resto dos idiomas son os coñecidos como raros: idiomas que parecen reliquias arqueolóxicas, encontradas nunha excavación, que deben protexerse pero non permitir o seu uso social.
Este proxecto de lei só foi apoiado por uns poucos partidos, que a modo de rebeldía utilizaron os seus idiomas para defenderse no Congreso. Jorquera explica que esta idea de manifestarse desta forma a favor plurilingüismo, foi pactada momentos antes de entrar no Congreso.
Ao deputado do BNG parécelle que tanto o PSOE como o PP consideran o castelán como lingua española e non ven normal o uso doutras.
Jorquera seguirá traballando para conseguir que o se use no Congreso aínda recordando as miradas atónitas dos deputados cando escoitaron falar éuscaro na Cámara.

Virginia 2º Bach.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 26-03-2011 23:30
# Ligazón permanente a este artigo
O comercio en galego!?
Tras trinta anos de vida, a Xunta decide deixar de dar axudas para o comercio en galego.
As explicacións que dán é que debido á crise económica que está a acontecer cómpre analizar con moito coidado os movementos nos presupostos.
Por outra banda tamén se intenta defender dicindo que ata o momento ningún partido levou a cabo o previsto no artigo 25 da LNL(O Goberno galego e as corporacións locais fomentarán o uso do galego nas actividades mercantís, publicitarias, culturais, asociativas, deportivas e outras coa finalidade de por actos singulares poderanse outorgar reducións ou exencións das obrigas fiscais”)
Outra medida tamén levada a cabo en torno a este tema é a nova Lei de Comercio Interior, na cal se eliminan os artigos que favorecían o uso do galego no comercio.

Lara 2ºBach c
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 24-03-2011 11:40
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [5] [6] [7] 8 [9] [10] [11] ... [37]
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego