ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Arredor dos prexuízos
As cousas non son tan simples como parecen coas simplificacións da lingua podemos cometer erros.
Un prexuízo é unha opinión inicial que non nos deixa ver as cousas tal e como son . Un prexuízo é moi difícil de superar, e isto pasa coa lingua galega.
O galego non é unha lingua bruta nin soa mal, o que pasa e que tendemos a aprobar o próximo e a desaprobar o afastado. Non hai linguas que soen ben nin linguas que soen mal , son só prexuízos . O único que hai son falantes que soen ben e falantes que non.

Falar galego non é un problema , é certo que se todos falásemos a mesma lingua nos entenderíamos pero tamén seriamos máis pobres en cultura.
Cando din que aprender galego é unha perda de tempo están errados, xa que aprender calquera cousa é de moita axuda, cantos máis coñecementos se teñan mellor.

Falar galego cando alguén non o fala pero si o entende non é de mala educación. É moi fácil que nos enganen, pero hai que informarse ben sobre as linguas e sobre todo: non ter prexuízos.

Nerea Lorenzo Rodríguez 4ºC
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 19-01-2012 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
Atención... ás frases feitas

No Servizo de Normalización Lingüística da Universidade compostelá elaboraron dous vídeos sobre fraseoloxía... fixádevos ben canta riqueza!

E fixádevos tamén que imaxes máis xeitosas...





e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 11-01-2012 22:13
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIOS DE INNOVACIÓN EDUCATIVA
O EDNL do IES Felix Muriel, ven de recibir o Premio de Innovación Educativa do presente curso 2011-2012 convocado pola Secretaría xeral de Política Lingüística polo seu proxecto Rianxo 2112 que está a desenvolver na actualidade coa participación e implicación do alumnado e o resto da comunidade educativa.
Dende o equipo,felicitamos aos alumnos e alumnas participantes e animamos ao resto a colaborar nesta actividade que é ben seguro vos aportará máis coñecemento sobre Rianxo e a súa contorna.
Parabéns!
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 10-01-2012 12:26
# Ligazón permanente a este artigo
Xoeliki As aventuras dun ciberpirata
Este libro conta a historia de Xoeliki; un neno que está enganchado a un xogo on-line chamado Real Fantasy. Detectouse un virus o que nomearon Capitangarfo.exe.
Crese que o Real Fantasy é o núcleo de todos eses problemas informáticos e que detrás está Mr. Virus. Só Xoeliki e a súa banda de ciberpiratas pode detelo.



A nosa opinión e que todo o mundo debería poder ler este libro cheo de aventuras.




Sara, Nuria 1º(E.S.O.)
e ti que opinas? (2) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 11-11-2011 12:28
# Ligazón permanente a este artigo
Aprender galego polo mundo
Actualmente estase poñendo de moda o idioma de Galicia arredor de todo o mundo. Lemos na prensa hai uns días que tanto en Europa como en Asia ou Sudamérica impártese a materia de galego, tanto para iniciarse no noso idioma como na nosa cultura. Pero non só nos referimos aos estudantes ou centros, senon tamén ós habitantes das terras que recibiron emigración por parte dos galegos. Tamén están a producirse acordos cos gobernos da Xunta para promover a cultura e idioma galegos en aqueles lugares nos que se teña interes por eles.

En poucas palabras, os seguidores do noso idioma e cultura están a aumentar, facéndonos máis ricos cultural e xeográficamente.

1º Bac B
Pedro Tubío Figueira
Laura Otero Mosquera
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 28-10-2011 00:55
# Ligazón permanente a este artigo
Día das letras galegas e internet.
Como ben sabemos, o pasado 17 de maio celebrouse, como todos os anos, o día das letras galegas, adicado, nesta ocasión a Lois Pereiro. Así, ese mesmo día tamén se festexa o Día de Internet xa que, ambas as dúas celebracións forman parte dos recursos máis beneficiosos a favor da nosa lingua.
Pasado xusto un mes da celebración deste día, publícase un informe que achega as ferramentas tecnolóxicas que se desenvolven a favor do gaelgo na nosa sociedade, facendo un reconto do que deu de si dito acto. Este traballo pode ser descargado en PDF e tamén se pode consultar directamente na web oficial de Política Lingüística. Pódese dividir en tres partes, incluíndo un anexo cos datos máis característicos do ano 2011 e o emprego das TIC por parte da sociedade galega.
Os recursos lingüísticos estudados neste informe son aplicacións que pretenden contribuír á calidade da lingua e ao seu prestixio social, destacando entre estas o dicionario de termos Buscatermos, a nova versión do corrector Galgo, distintos tradutores galegos, un dicionario de pronuncia galego locutado, o Digalego..... á súa vez, cóntase con recursos e ferramentas que guian ao galego polos eidos da sociedade actual.
Unha das partes do informe é o resumo das intervencións de numerosos profesionais que participaron neste labor, tales como Manolo Gago (director do portal de información do Consello da Cultura Galega), Anxela Chillón( responsable de Innovación e novas tecnoloxias da ed. Galaxia), Camilo Regueiro ou Antón Méixome, quen traballou nos proxectos actuais de sofware libre que están a nosa disposición.
En definitiva, neste documento móstrase o acceso a ámbitos tecnolóxicos novos, apostando polo plurilingüismo como estratexia.
Adxunto a esta noticia podemos atopar a web de descarga deste documento, que sería unha boa idea botarlle unha ollada para coñecer as novas iniciativas que van xurdindo a favor da nosa lingua.

Cristina P. 2º bach.
Letras galegas en internet.
e ti que opinas? (1) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 28-06-2011 11:46
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiros Literarios en Compostela
Unha nova iniciativa xorde hoxe en Compostela da man do coñecido escritor Euloxio Ruibal, quen, coa axuda da Consellaría de Cultura de Santiago e coa Asociación de Escritores en Lingua Galega, levou a cabo esta nova iniciativa chamada “Roteiros Literarios”. Esta consta de varias paradas nos sitios máis emblemáticos da cidade de Santiago de Compostela coa finalidade de recitar diferentes textos, ler ou cantar.
Este percorrido pasará polas rúas da zona monumental como as Casas Reais ou o Preguntorio, parando tamén en prazas como a de San Martiño Pinario ou a praza da Quintana.
Euloxio Ruibal (quen podemos ver na imaxe da dereita) é o protagonista deste primeiro Roteiro Literario que comezará ás 20 horas no parque de Bonaval, acabando na Praza do Toural. Euloxio é considerado un dos renovadores do teatro galego, ademais, o seu teatro está marcado pola épica, expresando a súa vontade de conectar co teatro das máis sobranceiras correntes da vangarda europea, sen consolidar na tradición galega. Por isto, atopamos na dramática deste autor a influencia de escritores do país como Castelao ou Eduardo Blanco Amor. Algunhas das súas obras máis importantes son Zardigot, O Cabodano, Cousas da Morte...
Volvendo á nova iniciativa, sábese que tamén soarán versos de trobadores composteláns como Bernal de Bonaval ou Airas Nunes, alternados con poetas máis recentes como Estevo Creus, Yolanda Castaño, quen estivo hai uns anos no Félix Muriel, ou Carlos Negro.
O vindeiro 28 de xuño levarase a cabo o segundo Roteiro da man de Marilar Aleixandre, catedrática da Universidade de Santiago e escritora e tradutora española que destaca na lingua galega, concretamente na literatura para nenos e a xuventude.
Persoalmente creo que se trata dunha boa iniciativa para coñecer un pouco máis da nosa literatura e á súa vez dos diferentes escritores galegos polo que é unha boa idea asistir ás diferentes paradas polas rúas de Compostela.
Animádevos a participar!

CRISTINA P. 2ºBACH.
e ti que opinas? (1) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 16-06-2011 10:02
# Ligazón permanente a este artigo
Valentín Paz Andrade próximo premio das Letras Galegas.
Aínda que hai pouco que pasamos o Día das Letras Galegas da man de Lois Pereiro, xa podemos coñecer con toda seguridade quen será o representante deste día o vindeiro ano. Despois dunha longa reunión, os membros da RAG decidiron, cunha ampla maioría, premiar a Valentín Paz Andrade como autor homenaxeado.
Valentín, durante toda a súa vida, escribiu ensaios literarios, históricos e económicos, nos que reflectiu a súa preocupación polo progreso de Galicia, destacando obras como Galicia como Tarea, A anunciación de Valle-Inclán, A marxinación de Galicia etc. Tamén escribiu varias obras como técnico especializado en temas pesqueiros, Os portos nacionais de pesca. Ademais disto, hai que resaltar que formou parte da xeración do 1925, e que a súa obra poética amosa unha motivación patriótica, como se pode observar en obras como Soldado da morte ou Pranto matricial, evocando, nesta última, á morte de Castelao.
Por outra banda, sabemos que Paz Andrade foi membro da Real Academia Galega (RAG) e da Academia Galega das Ciencias, sendo tamén galardoado co Pedrón de Ouro, a Medalla da Cidade de Pontevedra , Medalla Castelao entre outros máis.
Á hora desta elección tívose en conta a achega literaria de Paz Andrade, con pezas que fan referencia á poesía galega e resaltando o seu achegamento a outras culturas, como a luso-brasileira, sobre a que realizou traballos como A Galeguidade na obra de Guimaräes Rosa.
Persoalmente creo que Valentín ten un labor digno de ser recoñecido en conmemoracións importantes como o é o Día das Letras Galegas debido á súa ampla e variada obra literaria e ao seu afán polo progreso de Galicia.

Cristina P. 2ºBACH.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 15-06-2011 12:24
# Ligazón permanente a este artigo
Vinte anos desde a creación dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística
O sábado 4 de xuño, a Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística celebrou os seus vinte anos de actividade cun acto no que se destacou a traxectoria de Agustín Fernández Paz, tanto polos seus esforzos no traballo pola normalización do galego como pola faceta máis coñecida de autor de novelas de xénero infantil e xuvenil en Galicia e único galardonado pola Xunta co Premio da Cultura.
Nos centros de ensino, alá polo ano 1991, creáronse os Equipos de Normalización Lingüística xa que foron demandados polo profesorado que estaba preocupado pola renovación pedagóxica e por fomentar o galego, lingua propia de Galicia, segundo establece o Estatuto. E desde aquela data os equipos de normalización veñen facendo un rigoroso traballo.
Considerouse que vinte anos despois de creárense os equipos, era tempo de celebralo xa, a pesar dos atrancos ,(ou con máis razón a causa disto), sufridos polo preofesorado que está a desolver no su traballo diario nos centros de ensino, un papel fundamental na loita por eliminar prexuízos lingüísticos e xa que logo, potenciar o uso da lingua.

Noraboa por eses vinte anos de logros! E que os ánimos non decaian.



Virginia
e ti que opinas? (1) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 15-06-2011 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
Hai risco de que o galego pase a uso ritual
O pasado 25 de maio realizóuselle unha entrevista ao avogado Alfonso Álvarez Gándara que foi galardoado coa Cruz Distinguida de Primeira Clase da Orde de San Raimundo de Peñafort e a Gran Cruz ao Mérito no servizo da Avogacía.
Nesta entrevista mostra o agradecemento aos que lle concederon tal recoñecemento e á Xunta de Goberno de Colexio de Avogados de Vigo.
Álvarez Gándara afirma que o problema do galeguismo de sempre, é a dificultade de presentarse diante do pobo galego como unha forza política que promove solucións prácticas.
Considera que as reinvindicacións producidas estes días polos mozos que saen á rúa son modernas para el e non se sente representado pero di que o noso sistema electoral merece ser mellorado.
Segundo a súa opinión a lingua non repunta xa que os presidentes da Xunta practicamente ignoraron a lingua galega.
E en relación co futuro da lingua engade que corremos o risco de que en tres xeracións o galego quede reducido a un uso ritual, só usado nas lápidas conmemorativas.

Virginia
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 01-06-2011 11:07
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego