ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

A LINGUA GALEGA NO DEPORTE
Xesús Vázquez Abad anunciou este Martes 9 de Abril ante os medio de comunicación que arranca “Espello Deportivo”, un proxecto que pretende promover a lingua galega no deporte, a través de encontros de recoñecidos deportistas en escolas deportivas e noutros espazos municipais. Serán un total de 36 sesións por toda Galicia comezando por Outes o día de 10 de Abril e recorrendo outros pobos, como por exemplo Boiro ou Vilagarcía.

Grazas a este proxecto a lingua galega será dotada de prestixio nun mundo tan importante como o deportivo. Ademais, pretende impulsar a súa proxección mediática mediante unha campaña de promoción do deporte galego como símbolo de Galicia e na que deportistas de elite pidan unha maior identificación do deporte coa lingua.

Sen dúbida unha gran oportunidade para a demostrar, unha vez mais, que o galego é apto en calquer ámbito e situación.

Isto xa o tiñan claro algúns deportistas coma os candidatos ao Premio Leixaprén, que é un recoñecemento á defensa e promoción da lingua galega onde participan todos os equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino de Galicia. O seu premio recibirao unha persoa ou institución que se caracterice por defender a lingua galega en ámbitos coma a mocidade, a educación, o deporte, a relixión ou o tecnolóxico, entre outros.

Aquí temos un enlace no que podemos obter mais datos sobre o premio Leixaprén: http://www.coordinadoraendl.org/premioleixapren/index.php

Fabián Gómez Ces
2ºBACH B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 14-04-2013 22:39
# Ligazón permanente a este artigo
A POLICIA LOCAL TAMEN DEBE TER COÑECEMENTOS EN GALEGO
Este Martes 9 de Abril a Voz de Galicia deu a coñecer que dous oficias de A Coruña que realizaron as súas probas de acceso á Policía Local no ano 2005 deberán realizar, proximamente, unha proba mais, neste caso, en galego.
Nun primeiro momento, o Xulgado do Contencioso Administrativo decidiu anular toda a convocatoria do ano 2005, obrigándolles aos municipais a volver a realizar todo o proceso, pero o Concello protestou e o Tribunal Superior de Xustiza púxose do seu lado, permitíndolles de esta forma que mantiveses o resultado do resto dos exames, pero igualmente obrigándoos a realizar o exame en galego.

Isto débese a que no ano 2007 se impuxo unha nova lei que obrigaba a incluír este exame nas probas de acceso, pero anteriormente non era necesario, por iso se tomou a decisión de que os oficiais que non realizaran a proba no seu momento a realicen agora.

Fabián Gómez Ces
2ºBACH B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 14-04-2013 22:35
# Ligazón permanente a este artigo
O parlamento defende que o idioma galego continúe como materia troncal no ensino
Os catro grupos representados na Cámara (PPdeG, PSdeG, AGE e BNG) aprobaron instar ao Goberno de Galicia a promover unha postura política común para que o galego, como lingua propia e oficial da comunidade, conserve a súa consideración de materia troncal no ensino, fronte ás dúbidas suscitadas pola designación que lles dá ás linguas cooficiais o proxecto da LOMCE.



“O punto de partida deberá ser comezar por suprimir o decreto declarado ilegal polo TSXG e, a partir de aí, retomar a Lei de Normalización vixente.” Demandou o socialista Francisco Caamaño.



Aínda así cabe destacar que se manterá a famosa enquisa aos pais para coñecer o idioma que preferen na ensinanza dos seus fillos e fillas, aínda que non terá efectos legais, segundo garantiu Feijóo. Sempre facendo unha chamada ao diálogo dende o propio goberno.



Por que hai tanto problema, pregúntome eu, por que se empregue unha lingua ou outra se o obxectivo final é acadar competencia en ambas? Por que non buscamos a forma de implantar o galego en todos os ámbitos e nos deixamos de tanta tonteria legal que o único que nos augura é máis desigualdade lingüística?





Pedro Tubío. 2º bac B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 12-04-2013 11:39
# Ligazón permanente a este artigo
ESTARASE EQUIVOCANDO A XUNTA CO GALEGO?
A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística (CGENDL) pediulle recentemente á Xunta de Galicia que cumpra a lei despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) anulase dous puntos do decreto por ser ilegais e deixe de fomentar preconceptos en contra da expansión social do galego.

Hai que destacar que o uso que posúe o galego no ensino vén rexido polo Decreto do plurilingüismo do cal o TSXG invalidou dous artigos: a realización dunha enquisa ás familias do alumnado e a posibilidade de que estes empreguen o castelán cando a materia en que se imparte é o galego. Desta forma, o que pide a Coordinadora Galega é que se respecte a decisión do TSXG, é dicir, respectar o plurilingüismo, pero garantindo que cando un alumno remate a educación obrigatoria, teña unha competencia plena na utilización do galego.

Así mesmo considera que a situación social actual mostra unha enorme desigualdade entre o galego e o castelán, e por iso, aproveitando que temos a posibilidade de desenvolvernos perfectamente en ambas linguas , non debemos perder esta oportunidade.

Fabián Gómez Ces
2º BACH B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 25-03-2013 12:56
# Ligazón permanente a este artigo
UN CAFÉ DE IDIOMAS
Unha nova proposta para que os galegos practiquemos linguas estranxeiras e viceversa xurdiu a comezos deste mes de marzo no concello do Porto do Son. Todo aquel que estea interesado en practicar o inglés ou o francés, teña unha mínima base e sobre todo moita valentía e ganas de aprender, pode apuntarse a este novo proxecto que consistirá en que un grupo de persoas de polo menos dous integrantes se reúnan para mellorar as súas competencias lingüísticas no idioma que eles desexen.

Sen dúbida, un gran acerto do concello sonense que axudará a rematar coa pobreza idiomática existente no noso país e na nosa comunidade, e sobre todo a que os estranxeiros residentes en Galicia se animen a aprender a nosa lingua e a descubrir aínda máis a nosa riqueza cultural.

Fabián Gómez Ces
2º BACH B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 25-03-2013 12:52
# Ligazón permanente a este artigo
O GALEGO NAS REDES SOCIAIS
O galego nas redes sociaisDende hai anos atrás, o galego, lingua minoritaria en España, está conseguindo unha pequena representación nas redes sociais. Estas son moi utilizadas diariamente por miles de rapaces galegos que están tendo a oportunidade de usar a súa lingua neste mundo virtual. Así, redes sociais como o Facebook ou Tuenti posen a súa versión en galego (dende o ano 2009) para que os que desexan adaptala. Mais recentes son a introdución no WhatsApp, que diariamente está adquirindo máis fama, ou no Twitter, que é sen dúbida a máis recente de todas, xa que o uso do noso idioma se incorporou o pasado febreiro, despois de conseguir máis de 3000 sinaturas de diferentes usuarios. De todas formas, baixo a miña opinión, a tradución ao galego non está de todo completa xa que vocabulario como “Chío” ou “Rechío” non acabarán de enganchar ao público.

Por último, só facer unha apreciación persoal. Por qué o catalán e o vasco sempre se incorporan ás redes sociais antes que o galego? Por qué se incorporaron en xullo do 2012 e o galego tivo que esperar ao 2013? Por qué esta discriminación ao noso idioma? Son unha serie de preguntas retóricas que eu non sei responder pero que me gustaría deixar caer para que cada un as reflexione a súa maneira.

Fabián Gómez Ces
2º BACH B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 25-03-2013 12:42
# Ligazón permanente a este artigo
Twitter, por fin en galego!
Por fin! Dende fai uns días, a rede social estadounidense xa é configurable no noso idioma. Xunto co galego incorpóranse outros quince idiomas, entre os que están o gaélico irlandés moderno e o galés, ademais do tamil, serbio, búlgaro, kurdo, vietnamita, croata, romanés, letón, canarês, bielorruso, bengalí, albanés e eslovaco.

O galego foi, até o outro dia, a única lingua oficial do Estado que non fora considerada polos responsábeis de Twitter. Castelán, éuscaro e catalán xa tiñan a súa versión en Twitter, mais o galego foi ignorado malia a campaña que durante meses mantivo activa a conta @tweet_en_galego -seguida por case 15.000 usuarios- a prol da nosa lingua e secundada por miles de persoas que utilizaron etiquetas que se fixeron populares e mesmo chegaron a ser tendencia, como #TwitterEnGalego.

Pedro Tubío Figueira
2º Bach - B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 27-02-2013 19:45
# Ligazón permanente a este artigo
Nuñez Singala
Antonte,luns día 18 de febreiro, os alumnos de 3º e Bacharelato, recibimos no noso instituto a Manuel Núñez Singala, que foi presentado por unhas compañeiras, que redactaron e leron una pequena introdución sobre el.
A continuación comezou a súa charla con dous xogos para ensinarmos que a simplificacion e os prexuízos definen as nosa opinión a cerca da lingua.Para reflexionar sobre estes prexuízos tamén nos ensinou unhas fotos de varios falantes das distintas linguas do mundo para que vexamos que o que non nos gusta destas, non é a lingua senón a imaxe que temos nós dos seus falantes.Comentounos que normalmente aos pobos non lles gustan as linguas estranxeiras máis si a propia, e que Galiza debe ser o único lugar onde a nosa lingua non lles gusta a parte dos seus falantes.


Cinthia Carou e Nerea Grela. 3º ESO
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 20-02-2013 12:19
# Ligazón permanente a este artigo
Non ó recurso contra a sentenza do TSXG
Aproximadamente preto duns 200 artistas, políticos, docentes e intelectuais firmaron xa o Chamamento polo Galego, no que lle piden ao presidente da Xuna Alberto Núñez Feijoo que non recorra as sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre o famoso decreto do plurilingüismo. A Xunta anunciara que podería recurrir ante o Supremo se a oposición non avalaba o decreto depurado dos puntos que o TSXG considera ilegais. Para os asinantes, a Xunta "cometería unha grave infamia arrastrando o idioma galego ao Tribunal Supremo".

Pedro Tubío Figueira
2º Bach - B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 19-02-2013 19:03
# Ligazón permanente a este artigo
Manifestación en Santiago
O domingo 27 de Xaneiro en Santiago tivo lugar unha manifestación en defensa da nosa lingua e para solicitar a "derrogación inmediata do decretazo" e da lei Wert, a reforma educativa que deixaría ao galego fóra das escolas.
A manifestación foi convocada pola plataforma Queremos Galego. Aínda que facía un tempo horrible acudimos á convocatoria milleiros de persoas, unha mostra de que pese a todo imos seguir defendendo o noso idioma.

Aldara 3ºA
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 12-02-2013 18:38
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego