O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Certame Galego de Bandas
Este pasado ano tivo lugar entre o 21 e 22 de nonvembro de 2015 o Certame Galego de Bandas populares.

Os resultados foron os que seguen:

PRIMEIRA SECCIÓN: (para bandas con máis de 71 músicos)

Banda de Música Municipal de Valga 3º Premio

Banda da Escola Municipal de Música de Oleiros 2º Premio

Banda de Música Municipal de Silleda 1º Premio

SEGUNDA SECCIÓN; (Para bandas de entre 51 a 70 músicos)

Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia 1º Premio

Banda de Música de Vilatuxe 3º Premio

Banda de Música Xuvenil de Barro 2º Premio

Banda Municipal de Música de Outeiro-Rábade-Begonte 4º Primeiro

TERCEIRA SECCIÓN (ata 50 músicos)

Banda de Música Xuvenil de Torroso Temática Galega

Banda de Música Municipal de Padrón

Banda de Música del Municipio de Arbo 2º Premio

Banda de Música "Lira" de San Miguel de Oia 3º Premio

Banda de Música Popular de Moaña "Airiños do Morrazo"
e ti que opinas? (0) - Categoría: Músicas galegas - Publicado o 25-02-2016 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
Xovenes Freiks
Hoxe vou falar sobre un grupo de música formado por alumnos de 2º ESO somos os "Xóvenes Freiks" unha charanga brass, formada por dous saxos, unha trompeta, unha trompa, unha tuba, e un percusionista.

No noso repertorio predominan cancións moi modernas, como Freaks de Timmy Trumpets, Cheerleader, e moitas máis, tamén algunhas pezas clásicas.

Agora estamos preparando o concerto das Letras Galegas que se celebrará no centro no mes de maio. Nesa actuación interpretaremos o Himno Galego e algunhas sorpresas.

Visitade o noso canal de Youtube!!!! Esperamos que vos guste!! https://www.youtube.com/channel/UCnRDBjZbwiSkGV7O6nnErzA

Ricardo Mosquera García 2ºESO B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Músicas galegas - Publicado o 14-01-2016 12:28
# Ligazón permanente a este artigo
Pasacalles conmemorando o Samaín
Este sábado pasado, a Banda de Música de Catoira xunto con moitos rapaces coas súas cabeiras iluminadas, fixemos unha camiñata dende o Polideportivo de Catoira, pasando por todo a vila.

Realizouse á noite.

No momento que empezou a ruta, as luces de Catoira apagáronse e a Banda, tocou cancións coma Trhiller de Michael Jackson, Frankenstein...

Foi unha actividade moi interesante!!!



Ricardo Mosquera García 2ºB

e ti que opinas? (2) - Categoría: Músicas galegas - Publicado o 05-11-2015 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
Bandas Galegas
Ola, hoxe vou falar sobre as bandas de Galicia. A parte de ser das mellores de España, teñen moi bos mestres de instrumento.
Aínda que existe unha gran competencia, que son os Xaponeses. Son competencia das Bandas galegas, por que nos institutos a parte de dar clase normal tamén teñen unha banda e dan clase de música e de instrumento máis profesional. Con esto quero dicir que ensaian moito máis que nos e estannos a pasar de nivel.

Aínda así, a nivel de España, as Bandas Galegas, como por exemplo a de Rianxo, Lousame, Caldas de Reis, Valga, Catoira... están no Ranking das mellores de España.

E para min é un orgullo tocar nunha delas (Catoira)

Ricardo Mosquera García 2ºESO B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Músicas galegas - Publicado o 07-10-2015 12:21
# Ligazón permanente a este artigo
Campamento Musical de Agolada
Do 27 ao 31 de xullo, vai haber un campamento musical en A Golada (Pontevedra). Esta vila
é un lugar moi bonito, que nos permite aproveitar para facer excursións, e hai unha piscina que é outro atractivo deste campamento, ademais dunha gran variedade de actividades musicais; clases de tuba, trompeta, clarinete etc, aparte de tocar en quartetos e nunha banda formada por todos os rapaces.
Por desgraza, só quedan libres prazas para tuba.
Así que os interesados, que se apunten xa, ou perderán unha gran semana a finais de xullo.

Ricardo. 1º ESO
e ti que opinas? (2) - Categoría: Músicas galegas - Publicado o 05-06-2015 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
ROK IN RIO

O evento musical naceu en Río de Xaneiro no ano 1985 , non só conquistou Brasil senón toda España e Portugal.
Rok in Río comezou a destacar depois de que Brasil rematara de saír dunha gran ditadura. Neste escenario no que todos os países de América do Sur vivían momentos similares, Brasil foi o primeiro país en organizar un evento musical desta magnitude.
Xa naceu como un gran evento! Idealizado polo empresario Roberto Medina. O primeiro Rock in Rio tivo lugar na cidade que lle deu o seu nome, Rio de Xaneiro, no barrio de Jacarepaguá.
Dende entón o evento musical pasou a ser unha das mellores concentracións de grupos de Rok de case todo o mundo.
Hoxe en día xa se fixeron moitas edicións en diferentes países. Todas elas tiveron moito éxito polos grupos e tamén polo público participante.


TOFIKO SANTIAGO GARRIDO 2ºC
http://www.lafm.com.co/sites/default/files/imagenes/programacao-rock-in-rio-2013_1379072927.jpg
http://www.lafm.com.co/sites/default/files/imagenes/programacao-rock-in-rio-2013_1379072927.jpg
http://www.lafm.com.co/sites/default/files/imagenes/programacao-rock-in-rio-2013_1379072927.jpg
e ti que opinas? (0) - Categoría: Músicas galegas - Publicado o 26-02-2015 10:33
# Ligazón permanente a este artigo
II CERTAMEN INTERNACIONAL DE BANDAS DE MÚSICA (ARMÓNICO)
Este certamen terá lugar do 24 ao 26 de xullo de 2015, en Zamora.
Este acontecemento está dirixido a bandas non profesionais, cun máximo de 75 músicos.
O prazo de inscripción ten data límite ata o 29 de maio.
Como temos grandes bandas de música seguro que irán moitas coma a de Rianxo, a de Lousame, Catoira...

Aínda que en xullo non hai instituto, intentarei tervos informados.

Ricardo Mosquera García 1ºESO B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Músicas galegas - Publicado o 05-02-2015 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
A MÚSICA
Na música hai moitos tipos:

Pop, rock, eléctro, clásico, folk... etc

QUE É A MÚSICA???

Para min a MÚSICA é unha forma de vida da que moitos músicos, están podendo disfrutala.
Na miña opinión unha das mellores bandas de música de España, é a Banda de Música de Catoira, xa que aparte de contar con músicos excelentes, cando vas a un concerto seu, daste conta que vale a pena escoitalos.

Tamén pasa o mismo con outras bandas como a de A Coruña, Lousame, Rianxo, e moitas máis bandas.

XA, ESO SÍ, SON TODAS GALEGAS. DAQUÍ, DA NOSA TERRA.

e ti que opinas? (0) - Categoría: Músicas galegas - Publicado o 21-10-2014 12:13
# Ligazón permanente a este artigo
ROI CASAL
.De onde é?
Nace en 1980 en Catoira (Pontevedra)

.Cando empezou na música?
Dende o ano 2000 forma parte do grupo Milladoiro, co que graba 6 discos, iniciándose na música en solitario no 2008

.Qué tipo de música fai?
Música pop mesturada con instrumentos como a harpa ou a zanfoña.

.Quén forman o seu grupo?
Silvia Ferre: voz
Dani Riveiro: percusión
Alfonso Merino: violín, bouzouki y guitarra acústica
Alfredo Susavila: teclados
Carlos Calviño: guitarra
Alberte Rodríguez: contrabaixo

.Cal é a súa discografía?
Gravados con Milladoiro:
- O niño do sol (2002)
- Adóbrica suite (2002)
- O Boticario gaiteiro (2004)
- Milladoiro 25 (2005)
- Unha estrela por guía (2006)
- A quinta das lágrimas (2008)
Gravados en solitario:
- Lendas douradas (2008)
- Maxicamente vello (2011)
- Donos do noso destino (2014)

Espazo web: http://roicasal.com/
Ver video: CASEIROS
e ti que opinas? (3) - Categoría: Músicas galegas - Publicado o 11-06-2014 12:34
# Ligazón permanente a este artigo
SOM DO GALPOM
De onde son?
Da Moniña, en Viduído de Arriba, Ames (A Coruña)

.Cando naceu o grupo?
En 2005

.Que tipo de música fan?
Funk-reggae-rap



.Compoñentes:
Gael de Esteban Bassave: voz.
Brais de Esteban Bassave: baixo.
Jose: batería.
"Peludo": guitarra.

.Discografía:
- Em Terra de Ninguém (2009)
- Galinha de Troia (2013)
ver video: INCONFORME
e ti que opinas? (4) - Categoría: Músicas galegas - Publicado o 10-06-2014 13:01
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego